2007-06-27

Á vosa disposición...

Bueno, despois de moitas conversas co "paxarus fidalguis", co seu permiso e co de todos os de Doncos estréome neste diario para poñer a disposición de todos aqueles que o desexen, as instalacións que veredes a continuación e que paso a explicarvos:

A asociación xuvenil "os xardóns" da que formo parte, comparte dende fai algún tempo o edificio da antiga cámara agraria de Nogales(o pé do muíño) coa asociación de empresarios e na que casualmente tamén estou entre os que tiran do carro.






Pois ben, despois de botar sangre, sudor e lágrimas polas distintas administracións competentes e unha dosis importante de altruismo conseguimos unhas perras para ir facéndonos cos aparatos e así formar un pequeno ximnasio que ata fai pouco estaba na casa de anxo, (zi, o nozo bendito cura, como diría zuzo), nun local de 3x2 m., ou sexa nada pero moito ó mesmo tempo porque non tiñamos outro sitio onde poñelo. Máis tarde e gracias a labor dunha persoa das que xa non quedan (por desgracia) e que non quero nombrar poque non lle gusta o protagonismo, conseguimos que nos cederan o uso deste inmoble...

Aquí xa puidemos arreglarnos máis cómodamente para colocar o pouco do que dispoñemos para montar uns cantos aparatos de andar pola casa, pero bueno, como se soe dicir, "é o que hai¡¡¡¡"...

Como podedes ver non é para tirar cohetes pero "menos da unha pedra".

Ahhhh¡¡¡ Xa se me olvidaba¡¡¡ Se o tema do ximnasio vos resulta moi "cansao" e sodes aficionados ó slot podedes pasar un rato xogando ó escalextric. Fomos quince os que apoquinamos para montar esta pista de ninco e recordar vellos tempos. Aínda que xa imos maiorciños, cando nos poñemos pasámolo coma nenos,jejejeje...

Bueno camaradas, se vos apetece facer uso de algo do que vistes non dudedes en avisar. Saúdos para tod@s, encantado de colaborar neste cotarro e, co voso permiso, ata a próxima¡¡¡