2007-05-24

BVBVotaremos!! ??


OLA OLA!

Pois iso, este domingo exerceremos o noso dereito de voto, no que eliximos aos nosos representantes públicos polo próximo periodo de catro anos.

Vou aproveitar e ser un pouco reivindicativo. No noso concello só votaremos con un sobre, pois as eleccións da Xunta son noutras datas. Pero é que fáltanos outro sobre máis, un terceiro (No noso caso segundo) de cor verde.

Éste terceiro sobre debería ser para votar ás pedanías, das que Doncos debería ter unha, e non se vota.

Temos catro anos para formar o "Partido por Doncos". ¿Imos? Necesitaremos xente con carisma (Zuzo, que aceptamos xentes de todo o municipio) e para cumplir as leis de igualdade, algunha moza, como a nosa mochileira máis internacional...