2007-01-23

Outra afoto

Moi boas. Aquí estamos outra vez cunha nova edición do periódico dixital máis dicharachero do mundo mundial. Despois das canciois do maestro Botauga, dotado desa prodixiosa voz que fai resonar no café a veces, imos publicar un traballo que me levou do orde de dez días realizar, e non é coña. Igual resulta que é unha chorrada, pero eu estou como un neno con zapatos novos.

O método de realización foi bastante artesanal. Unha cámara de fotos, unha cama elástica e a dar saltos durante unha semana para conseguir a foto boa. O malo do asunto foi cando algún gracioso me apartou a cama elástica na mita dun salto. Menos mal que había un palleiro de toxos e puden caer en blando.
A foto pesa un pouco máis de dous megas, aviso a navegantes con conexión lenta. Si alguén quere unha con maior resolución que me envíe un correo e remitolla de volta. A orixinal pesa 14 megas. Vense hasta as vacas pacendo.