2009-11-11

NON HAI AMO PARA A TORRE ¿PARA O POBO?


Pois, segundo parece, non temos moita idea de quen é a Torre. Manda truco............. Iso danos unha idea de quen somos, en que pais vivimos, e de quen son os que eleximos para gobernarnos e administrar os intereses comúns. Fai uns días falaba cun amigo que regresou fai pouco da Bretaña (Francia). Viña cabreado. Viaxa moito e di que canto máis sae fora, máis aprecia o noso,e máis apenado está polo mal co aproveitamos. Segundo me conta é un pais bastante parecido o noso, é verde, chove, hai moitas vacas, sementan millo, hai pinos e teñen mar. As semellanzas, o parecer, rematan neste punto. Centos de pobos, sen nada en especial, catro casas, un colexo, unha farmacia, unha crepería e unha igrexa, aparecen nas nas guias de viaxe como "pobo con encanto especial". Teñen unha agricultura moderna e, por riba, énchense de turistas de venres a domingo e tres meses no verán, ainda que por aparcar nunha esplanada do centro do pobo che cobren 5 €/hora. Iso si, sabense vender. A igrexa pode ser de fai cen anos, pero poranlle un letreiriño fora explicando quen a construiu, quen donou os cartos para facela e ata quen foi o primeiro crego. O redor da igrexa que, insisto, o mellor non ten nada especial, abren duas tendas de venda de camisetas e postais, un restaurante que pola calidade da comida, non lle chegará a Vilacol a suela do zapato, e unha oficina de información turística. Tampouco se lles ocorre, o parecer, facer un edificio de 5 ou 6 alturas a carón dun castro (se o teñen), nin cubrir as casas con chapas de aluminio, nin fan establos o pe das coidadas casiñas (pintorescas pon nas guias de viaxe) que teñen.
Qué farían cunha torre medieval, casas blasonadas, un pazo, muiños, os Ancares moi perto, un rio..................?
O tema.......... Xa que ninguén, parece, e dono da Torre (se estivese ben arranxadiña............), o mellor aparece alguén que reclame o "señorío" do pobo. Para todos os interesados en convertirse en Señor de Doncos, deixovos unha axuda. ¿Quén sabe?