2007-05-30

¿E ahora?

A primeira parte rematou. Cada un votou a quen lle deu a gana, e o final os resultados están á vista. Pero esto promete.
Amigos mios: necesitamos un alcalde. Necesitamos poñerlle unha cara á silueta de arriba, que nos represente dignamente e traballe polo pueblo, etc. etc. etc... Pero a cousa non é que estea complicada; e que está enrevesada. Eu creo que deberiamos votarlles unha mao ós candidatos e propoñerlles os posibles pactos, sin ánimo de lucro (ou si :)) ; En definitiva o que se trata é de darlles ideas.
Entre Coedo, o Rucho, Espín e Ribao anda o xogo. O perrito piloto vai ser para.....

2007-05-28

xornada eleitoral


Velaí outra mostra de compostura e saber estar. Presidente(señorito Fernandez) e dous vocais(señorita Freijo e señor Rio) velaron por levar a bon fin unha debatida xornada electoral. Seica xa a mañá de cedo recibiron o primeiro dos 10 cafés que tomaron o longo do día, cas correspondentes gotas de toro e galletas de maría. Xa a media mañá ocurriuselles a idea de levar unhas cervezas por se alguén chegaba con sede, e logo do xantar non faltou o combinado culilumpio de wiski con cocacola, e dicir: por pouco hai que deixa-lo reconto para o luns.

2007-05-25

O CAZADOR CAZADO


Benvidos a unha nova edición de "Fauna Doncal". Hoxe falaremos do "paxarus fidalguis". Trátase dunha ave de presa, nocurna, que se alimenta sobre todo de líquidos. Viaxa moito. Non para de falar (perdón, piar), e de cando en vez, emite un son parecido o da gaita (nese caso é extremadamente perigoso, fuxide, sobre todo si se xunta co "riegus gaiteirus, o que lle adicaremos outro capítulo). É moi facil velo polas festas e ruadas (por iso lle adicamos hoxe o programa), pero atención as féminas: É moi, moi, moi perigoso, caza de noite e donde agarra......................... Continuaremos outro día con outras interesantes especies da "Fauna Doncal".

2007-05-24

BVBVotaremos!! ??


OLA OLA!

Pois iso, este domingo exerceremos o noso dereito de voto, no que eliximos aos nosos representantes públicos polo próximo periodo de catro anos.

Vou aproveitar e ser un pouco reivindicativo. No noso concello só votaremos con un sobre, pois as eleccións da Xunta son noutras datas. Pero é que fáltanos outro sobre máis, un terceiro (No noso caso segundo) de cor verde.

Éste terceiro sobre debería ser para votar ás pedanías, das que Doncos debería ter unha, e non se vota.

Temos catro anos para formar o "Partido por Doncos". ¿Imos? Necesitaremos xente con carisma (Zuzo, que aceptamos xentes de todo o municipio) e para cumplir as leis de igualdade, algunha moza, como a nosa mochileira máis internacional...

2007-05-18

FEIRAS FESTAS E EMPANDAS


Pois si señor, achegase o verán e con el veñen todo tipo de eventos, a proba está aqui, este fin de semana celebrarase a II feria de empanada en As Nogais, seica xa o sábado 19 o vir da feira de Becerreá poderemos asistir a un espectáculo de maxia, e a noite haberá verbena e verbenas. Logo para o domingo dende a mañá desenvolveranse todo tipo de actos, Banda de As Nogais, grupos folclóricos, etc... Aleeeee todos de festa; e non mancarse que é o principal.

2007-05-10

Anxo


O pasado martes emitiuse na TVG un programa dedicado a Anxo, o cura das Nogais. Nel sale xente de toda a comarca, e a banda tocando. E curioso; toda a vida tendoo ó lado e daste conta do que realmente é cando lle graban un programa na tele.
Aquí vos deixo o enlace pra velo en intesné. O malo é que solo vale para os que teñan unha conexión tipo DSL ou cable. Pro resto decir que o volven votar o próximo domingo.

2007-05-09

fiesta fiesta



esta moi ben recordar o pasado, por eso temos que seguir para adiante,facendo cousas interesantes para que dentro duns anos podamos recordar o que fixemo agora

2007-05-08

Coñecedelos?????

Os de antes só nos contan que traballaban como burros, que non había diversión, que escaseaba a comida e un etc etc. ¿Vos que pensades?

2007-05-06


Estes espacios, temos que recuperalos, són a historia do noso Pobo. De forma moi sutil decialle o Sr Decoroso a sua Carme. Hay Carme e faltache moito ? El sabia que no lavadero habia tertulia e podíase entreter, que tempos?
De estes dous amigos sabemos quea un lle gusta a política, pero quen sabe as duas aficións maiores que tiña o noso amigo Valentín

Esto si que era carnaval anos oitenta, A mais guapa a de Rangalleira

2007-05-04

Navegantes, con esta máquina tomaron café vosos avós. En cantas pts se vendeu???

2007-05-02

Manda carallo!


O pasado dia 22 de abril fixo 6 meses que naceu este periódico. Ocurríuseme a idea despois de ver como se poñía a xente con certos comentarios no libro de visitas de doncos.com. Eu pensaba que, con un pouco de sorte, igual algún que pasara por alí algún día poñía algo, e de vez en cuando iría publicando eu as cousas que fora atopando relacionadas co pueblo. E, como dixo o do chiste, equivocámonolos tres.
Seis meses despois estamos nas 7.000 (SETE MIL pro que non lle gusten as matemáticas) visitas, con unha media de 15 visitas por día. Eu xúrovos que conto as casas e a xente do pueblo, e non me imaxinaba que houbera tantos ordenadores en Doncos. Por aquí pululan personaxes tan enxebres como o ganadero e o gulio, de difícil pronunciación, como o zuzo, e por suposto a reina da festa, do mellor que houbo, a da mochila azul. De vez en cuando hai piques, de vez en cuando tamén sale a relucir algo de sexo, pero o que non falta nunca son lágrimas; ou polo menos é o que me pasa a min, que choro ca risa.
Pero o mellor é que a páxina está viva; que hai 9 redactores publicando cousas; que si non é un é outro; que veñen desde Andalucía, Cataluña, País Vasco e moitos outros sitios a vernos, e, sobre todo, QUE NON É DE NADIE, É DE TODOS, porque entre todos a facemos.
GRACIAS. Podedes estar orgullosos de ser de donde sodes.


Cambiando de tema e falando da encuesta, os resultados son os seguintes:
.- Allanar e arreglar o campo.... 43%
.- Deixalo como está................... 21%
.- Cambialo por un mellor.......... 14%
.- Facer un palco de 30 x 30 m. 14%
.- No sabe / no contesta.............. 7%

Alea jacta est.