2009-01-15

NOTIA DE OXE NA VOZ

As Nogais xa conta cun local da Rede de Comercio Rural Galego.

O conselleiro de Innovación, Fernando Blanco, visitou onte o novo establecemento adherido á Rede de Comercio Rural Galego, Casa María, ubicado no concello lucense das Nogais, na parroquia de Doncos. Coa posta en marcha deste local xa son catro os establecementos que forman parte desta rede comercial (Ourol, Pobra de Brollón e A Pastoriza). Innovación investiu 93.000 euros na mellora de Casa María, que tivo un orzamento total de 141.000 euros. Conta cunha área de almacén, unha área para autoservizo e unha zona de bar. Casa María conta cunha gran tradición e sona na parroquia de Doncos. Chegou a ser local social para os veciños