2007-01-23

Outra afoto

Moi boas. Aquí estamos outra vez cunha nova edición do periódico dixital máis dicharachero do mundo mundial. Despois das canciois do maestro Botauga, dotado desa prodixiosa voz que fai resonar no café a veces, imos publicar un traballo que me levou do orde de dez días realizar, e non é coña. Igual resulta que é unha chorrada, pero eu estou como un neno con zapatos novos.

O método de realización foi bastante artesanal. Unha cámara de fotos, unha cama elástica e a dar saltos durante unha semana para conseguir a foto boa. O malo do asunto foi cando algún gracioso me apartou a cama elástica na mita dun salto. Menos mal que había un palleiro de toxos e puden caer en blando.
A foto pesa un pouco máis de dous megas, aviso a navegantes con conexión lenta. Si alguén quere unha con maior resolución que me envíe un correo e remitolla de volta. A orixinal pesa 14 megas. Vense hasta as vacas pacendo.

10 comentarios:

pablon da casa de barro dijo...

Vaia esfuerzo qur hizo el señorito, y todo para ver las propiedades ajenas, pero jódase que mi jardincito ya no tiene parras, aleeeee a seguir bien

una copita mas dijo...

Pos si señor, falan na noticia anterior de facer unha merendola, e dicir teño que parece boa idea ahora que se acerca san entroido ir pensando nalgo. Chuchas

Decoroso dijo...

Vexo que había alguén con máis paciencia que eu, e sobretodo, con menos que facer, pa perder o tempo xuntando cuadradiños de ortofotos....
jejejejeje, xa sei de un que me vai enviar esa imaxen para colgala en certa páxina web que todos coñecen.....
Saúdos de ún que firma co seu nome d verdade... (por unha vez) :D

zuzo dijo...

Pero zerá pozible que zempre ezteaiz penzando en feztaz. Ezo paza por non ter un bon maxaca que voz dea alegria o corpo.
Zi a faceiz avizade que vou tomar un campano e comer un chicho.

Ozelui dijo...

INFORMACIÓN DE INTERES PÚBLICO
Vamos a ver, almas cándidas. O afoto do pueblo si pinchades en el co botón dereito e despois lle dades a "Guardar como" no menú que sale quedaravos no disco duro. A resolución que ten é moito maior que a que se ve no navegador de turno que esteades usando. Si se ve co visor de windows aumenta con boa calidade seis ou sete veces máis.
Outra cousa é que queirades facer un poster para poñelo na cabeceira da cama e rezarlle o Jesusito de mi vida todalas noites. Ahí xa vos faría falta o autro archivo, o de 14 megas.
E xa postos a tirar a casa pola ventana, imos regalar un suspensorio pra macacos a/o valiente que me diga de qué color é o can que está deitado debaixo do horreo da miña casa. Hala, a gastar vista.

Quedei cego dijo...

Eu solo digo que despois de estar mirando hasta que se me secaron os ollos, manda carallos que se distingan as dúas rodeiras dos tractores, que son máis estreitas que un paisano, e non se vexa naide en TODO O PUEBLO!!!!, nin coches nin burras nin trolebuses...

Por certo que o can e incoloro, porque acordo eu de unha vez que chovía e este can mollouse, e destiñó.

o gulio dijo...

QUE VAAAAAAAAAAAAA, pouca vista tedes, ou non vedelas miñas ovellas fora do cortello?

O topografo dijo...

Oes chaval a foto moi bonita pero............ ¿De que pueblo se trata?

Alain Aflelou dijo...

Estamos encantados de ofrecer nuestros servicios al topógrafo del comentario anterior. Recordar que el segundo par de gafas tendría un coste no superior a un Euro, a elegir entre los modelos Quevedo, Señorita Rottenmeyer, Pepe do Feligrés o Hubble. Este último llevaría el carrito de regalo, y le permitiría ver el nombre del pueblo que tan claramente figura en la señal toponímica situada a la entrada de la Avenida de Rellán.
Au revoir.

Sete Mares dijo...

Ole, ole y ole. Hainos que aínda teñen máis paciencia ca min. A partires desta foto SIXPAC podiades facer un "callejero de Doncos" para que non se perdan os guiris polo pobo. Por certo, se me fai falla xa te arrendarei para rematar un similar que teño empezado e deixei por aburrimento.