2007-04-02

Con nocturnidade e alevosía



Facendo gala da exclusividade que nos caracteriza, adiantándonos ó Mundo, ó País e incluso ó Marca; sin que aínda se fixeran eco as distintas radios e televisións locales de Doncos (que has hai), publicámola foto da reunión da executiva do BNG, donde se coceu a lista para as próximas eleccións municipais. Hai que reseñar que aparte da lista tamén se coceran empanadas e bizcochos.
Non están todos os que son, nin son todos os que están, pero a xuntanza valeu a pena. Na foto queda retratado un momento de esparcimento despois das duras negociacións, donde cada un está o seu aire sin nin siquera darse conta da cámara que lles está facendo a foto.
Ahora intentaremos colarnos nas reunións dos outros partidos políticos. Sabemos que está complicado, pero en canto detectamos o olor a empanada e chorizo somos capaces de calquera cousa.
Unha vez máis na brecha, doncosblog.

8 comentarios:

la chica denriba dijo...

Ai ai ai
Pos llo te creo que deberia de se presentar la teresa de "ullan los vientos", la de carrioza, de cachola de la lista del bloque... I pa cuando vos vallais meter d'incognitos en las reuniones del pp y del soe mavisais que llo vos tengo contactos...

Zaplana dijo...

A lista promete, incluso van chicas guapetonas. Contade conmigo. (Polo menos para o que se refiere as empanadas e os chourizos)

zalisa dijo...

Si vai zaplana eu non podía faltar. Eu tamén vou.

zapatero dijo...

pois conmigo non contedes eu son un incondicional de coedo e do psoe preparade as papeletas porque a batalla vai dar comenzo sorte para todos

quintanilla dijo...

eeee... quen é o candidato?? será o que está nos brazos desa señora tan estiladita??? ou sera o que sacou o retrato???

O Pedaneo en funcions dijo...

Chicos, mirade como nos teñen os camiños, mirade tamén para o que mira polo pobo todo o ano e non só estos días e acordadevos antes de metela folleta na urna de quen non quería deixar saida da autovia para Doncos e de quen non quería deixar poñer o parque infantil e un gran etc, etc.
Que gane o mellor!!!!!!!!!!!!!!!!

Zaplana dijo...

Os do BNG dende que pillaron cacho na Xunta, vaia como engordaron.

Helena dijo...

Boas!

Parabéns polo blogue!! Por que se ve tan mal a foto?

Moi bo o primeiro comentario! (Os demáis tamén) jeje.