2008-03-28

FORESGAL-88


O segundo domingo de setembro farase a 1ª feira de ano en Doncos, de momento, temos comprometio o pulpeiro, que non epouco, a ela viran: artesáns e todos aqueles que queiran vender algo, acéptanse ideas e colaboradores

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Esta foto non foi feita en Doncos, no noso pobo os lousados teñen mellor pinta.
A feira esa parece que promete, haber si vendo a marona.

Anónimo dijo...

con que atopemos a alguén que merque ó porco teixo, ainda que non o pague moito........

Anónimo dijo...

O primeiro de todo que habería que axeitar é o tema do parkín. Non é xeito de que aparquen trancando os camiños nin as cancelas das fincas.

delirium tremens dijo...

Haberá que falar tamén co doutor Cortizas para que estea presente nesta celebración. Ben sabemos como lle dan ao Tullamore os de Doncos.Moito non poderá facer o bon de doutor...pero terá que intentalo.

o moreno dijo...

Para os bos cocedores de pan do pais, xa que o parecer fariña vai haber porque xa oubo quen o plantou, lles digo: que xa que para a feira terán xa feita a malla, sería bo un posto de pan do pais, eu como información vos comunico que na feria da foto, pagamos o bolo a 8 €, esta feira leva tempo e fama pero a 1000 pts pódese vender ben.

aí estaremos dijo...

Con pan e viño ándase o camiño...E con doces e feixós con mel fálase entre amigos...
¡Adiante coa festa! ¿E non haberá verbena e loias? ¿E un bon palleiro onde botar...?

o sherpa da Fonsagrada dijo...

A fotografía que presenta Espinete aquí é dunha festa nun recuncho da Fonsagrada. Semella un lugar fondeiro e isto non me cuadra moito co que eu coñezo dese amplo municipio. ¿Pero hai cavorcos en A Fonsagrada? Hai días que un leva unhas sorpresas...!

Anónimo dijo...

A Fonsagrada éche mais ben ventilado.Os lobos ándanche con bufanda

Xesus das bolas. dijo...

Como sole dicir o Espinete a Fonsagrada co frío e a neve non baixan os lobos, ... senón de soben.

montañés dijo...

A ver si vos credes vos que estades ó lado do mar. ¿A neve solo a vedes en foto?

ledicia CO 2 dijo...

A neve que vemos por estes pagos éche artificial. Os planes leader do noso señor alcalde puxeron isto moi turístico: pistas de esquí, remontes, trineos e trebellos para fabricar a neve. Tamén casinos,parapentes e ás delta, casas rurais e hospederías. Un primor todo, oiga.Estamos a capricho. Eso, sí...O lixo segue a arder na Legua e o seu cheiro alegrando aos veciños desa aldea. E,agora,con música de "mi carro me lo robaron..." vou cantar aquela de"¿Onde andará o Seprona, onde andará o Seprona? O Seprona andará a vixiar o río, que o fume da Legua pouco lle preocupa...Onde andará o Seprona...¡Ala!,seguide vosoutros...