2010-03-16

Chegou o ferrocarril a Doncos



É unha locomotora prestada, por iso é tan horrenda, e estará por Doncos tan só unhas semanas, pero xa se pode decir que temos línea de ferrocarril en Doncos. Línea de 4,5 metros de lonxitude na que non se pode correr moito... e locomotora de 80 cm. de largo, con dúas baterías de coche e un motorillo eléctrico.

2010-03-07

É VERDADE QUE SOMOS MAIS? NOVA NA VOZ

San Andrés ten pouco parecido con Blanes. A primeira é unha parroquia pequena das Nogais, no corazón da comarca dos Ancares. O segundo é un municipio da Costa Brava. Aí vivía Yolanda Jarillo. Pero en decembro fixo as maletas e cruzou toda a cornixa cantábrica ata chegar a San Andrés. Cambiou os turísticos areais cataláns pola illada montaña lucense. Nunca había estado aquí. Oíra falar centos de veces á súa parella daquel lugar ao que viaxaba de pequeno cada verán para pasar as vacacións, pero nunca vira como os tons verdes asaltan aos condutores que ascenden pola pista que conecta As Nogais con San Andrés.

«Estivemos a vivir en varias cidades catalás. En Xirona, Barcelona, en Blanes. Pero alí a vida é moi cara. Aquí ganas menos que en Cataluña, pero o soldo alcanza para moito máis.

Pero non todo é fácil. En San Andrés non hai auga da traída. A rede non chega. Cada veciño ten un pozo ou toman a auga das leiras. «Estamos a tratar de arranxar o problema co Consorcio de Augas do Cantábrico. Polo momento, temos que levar a auga en garrafas, pero con todo é mellor que non gañar para facturas. é unha experiencia. Vivimos mellor que pagando e pagando. En Blanes gañabas mil euros, pero pagabas uns 800 de aluguer. Por aquí, nas Nogais, podes atopar unha bufarda por uns 150 euros. En Cataluña iso é algo impensable», apunta.

Tampouco lle foi complicado atopar traballo. Chegou en decembro e, practicamente, empezou como camareira nun bar-hostal do municipio. A súa parella tamén o achou pronto, no seu, como oficial de primeira nunha empresa local.

Pero non son os únicos que tratan de regresar ás raíces que deixaron atrás os seus pais ou avós. «Por aquí nas parroquias do concello hai como unhas catro familias que volveron de Cataluña e hai outra dun pobo de aí arriba que, ao parecer, tamén vai volver», relata unha veciña do concello.

2010-02-11

Antroido!!!!

Churrasco, disfraces, churrasco, música, churrasco, desfile, churrasco....
Voume comer, que esto de escribir da unha fame....

2010-01-24

Onde inventouse o butelo?


O rei da montaña según o descendente de fonsagradina´, Forges, é o butelo.
Pero a cuna do rei onde podría ser? Na raia Galicia/Bierzo, No centro dos Ancares, Na zona do Courel?.
Admítense apostas, e explicacións ben documentadas.
O Café non serve.

2010-01-07

O Apalpador


Como no caso do Yeti, nadie, hasta día de hoxe, conseguira facerlle unha foto ó Apalpador; pero gracias ó bon facer fotográfico de Maese Botauga, e a un berrido tipo "Quieto, non te movas, que te vamos retratar!!!!" temos hoxe un documento gráfico inigualable.
Claro que... falta saber quen se esconde debaixo do uniforme.

PD: ojito con chivarse os que estaban presentes, que volo encirro...

2009-12-15


O 31 Virá o apalpabarrigas, traerá os nomes de todos os solteiros e viudas, que os deixará casados para todo o ano 2010, se algún casado-a non está contento-a que avise que llo decimos o APALPADOR e casámolo de novo

2009-12-14

VAI CHEGANDO O APALPADOR A TODA GALCIA.


O “Apalpador” é unha das tradicións galegas de Nadal que se festexaba no Courel. Este personaxe era un vello xigante que tiña como oficio ser carboeiro e que vivía nas devesas de alta montaña. No Nadal baixaba ás aldeas para apalpar as barrigas dos nenos para comprobar que estaban ben alimentadas e deixáballes unha morea de castañas quentes.
IDE PEDINDO OS VOSO AGASALLOS XA QUE O NOSO XIGANTE CHAGARÁ EN POUCO TEMPO OS VOSO CUARTOS PARA DEIXARVOS UN AGASALLO.

2009-11-11

NON HAI AMO PARA A TORRE ¿PARA O POBO?


Pois, segundo parece, non temos moita idea de quen é a Torre. Manda truco............. Iso danos unha idea de quen somos, en que pais vivimos, e de quen son os que eleximos para gobernarnos e administrar os intereses comúns. Fai uns días falaba cun amigo que regresou fai pouco da Bretaña (Francia). Viña cabreado. Viaxa moito e di que canto máis sae fora, máis aprecia o noso,e máis apenado está polo mal co aproveitamos. Segundo me conta é un pais bastante parecido o noso, é verde, chove, hai moitas vacas, sementan millo, hai pinos e teñen mar. As semellanzas, o parecer, rematan neste punto. Centos de pobos, sen nada en especial, catro casas, un colexo, unha farmacia, unha crepería e unha igrexa, aparecen nas nas guias de viaxe como "pobo con encanto especial". Teñen unha agricultura moderna e, por riba, énchense de turistas de venres a domingo e tres meses no verán, ainda que por aparcar nunha esplanada do centro do pobo che cobren 5 €/hora. Iso si, sabense vender. A igrexa pode ser de fai cen anos, pero poranlle un letreiriño fora explicando quen a construiu, quen donou os cartos para facela e ata quen foi o primeiro crego. O redor da igrexa que, insisto, o mellor non ten nada especial, abren duas tendas de venda de camisetas e postais, un restaurante que pola calidade da comida, non lle chegará a Vilacol a suela do zapato, e unha oficina de información turística. Tampouco se lles ocorre, o parecer, facer un edificio de 5 ou 6 alturas a carón dun castro (se o teñen), nin cubrir as casas con chapas de aluminio, nin fan establos o pe das coidadas casiñas (pintorescas pon nas guias de viaxe) que teñen.
Qué farían cunha torre medieval, casas blasonadas, un pazo, muiños, os Ancares moi perto, un rio..................?
O tema.......... Xa que ninguén, parece, e dono da Torre (se estivese ben arranxadiña............), o mellor aparece alguén que reclame o "señorío" do pobo. Para todos os interesados en convertirse en Señor de Doncos, deixovos unha axuda. ¿Quén sabe?