2009-10-20

ALUNMA E MESTRE


Voltar no tempo. Si señores, xa estamos no outono. Estaba a descargar unhas fotos, e atopei esta da cea de despóis do Santiago. Algúns estaban, e outros non. Algúns por razóns xustificadas (enténdase Srs. de Rangalleira), e outros non. Como todo nesta vida. O caso é que sendo as oito e pico da noite como son, e recordando que fomos cear, deume a fame, e recordei que xa logo haberá que preparar un magosto. Eu axudar, axudaba de boa gana a apañar castañas, pero a miña idade, a humidade e dobrar a "bisagra" faime moito mal. Pero se alguén as apaña, eu comprométome solemnemente a axudar a papalas.

Gaiteiros parece que hai, leña para facer lume e unha lata para asar tamén. So queda atopar o voluntario apañador................................

2009-08-18


O sábado todos a sacr fotos, os que axudaron a segar e axuden a mallar mais os xubilados,comerán ovella.Dito queda

2009-08-10

Feira de outono 2009


Agosto pasou... e chegou setiembre, e con el a feira de tódolos anos (dous). Este ano promete mellorar o pasado en participación, actuacións, expositores e hasta o pulpeiro dixo que iba traer o pulpo cos rabos máis grandes (os do pulpo, que nos conocemos).

2009-08-08


O dia 24 luns feira na ponte de Lóuzara,iremos para ver e coller ideas.Ade Doncos xa ten CARTEL

2009-07-22

Santiago 2009


Según parece haberá festa o 24 e o 25 pero non sabemos nada do programa, pero si que as orquestas están xa contratadas en con ganas de tocar. Estes días os músicos están concentrados facendo a pretemporada pola zona do Caurel, novos instrumentos en novos fichaxes estrela, non se pode decir o nome da aldéa porque os y as fans non lles deixarían tocar todo o que queren....
O dia 26 compartiremos como fai anos na cerrada do Tordo, un xantar, café de pucheiro e xogos como a rá, a petanca, a chave e os mais pequenos as tres en raia, tamén haberá un chicho para quen non poida baixar os restos do 24 e o 25