2007-10-15

Zuzo II

Xa é lunes. E, si non recordo mal, teño unha promesa que cumplir. Pero antes será ben repasar as encuestas.
Na primeira, cunha participación do 100% dos que votaron, vese que está a cousa moi repartida: Marelo pequeno e máis eu quedamos en cabeza en intención de voto, seguidos moi de cerca por Marelo grande. Neste caso, como en anteriores, non houbo candidato sorpresa, aínda que se sopesa unha posible coalición de futuro para repartir o traballo do personaxe. Pero creo que non se debe de despreciar os votos das minorías, máis que nada por medo a unha moción de censura.
Na segunda encuesta, aínda que máis que encuesta era un referendum, o pueblo non se deixou engatusar polos cantos de sirena e votou un rotundo NON.
E ahora chega o dilema: ¿Débeselle facer caso o pueblo, ou debese sacar a relucir a vena política, e unha vez ganadas as eleccións, tírase o programa ó río e faise o que mellor veña en gana?
Na miña modesta opinión, e tendo en conta que son un home de palabra... fácil, débese de cumplir o prometido. E así o vou facer.
Zuzo é potgq adñf afoebng... ¿???? ........ vaia ho! fodéuseme o teclado. Pero tranquilos, que en canto o arregle poño o nombre do autor.
Salu2.

2007-10-08

Zuzo

A primeira pregunta que me suele facer a xente cando fala conmigo do blog é "¿Quén é Zuzo?"
Non sei si haberá ou non moita xente que o sepa, pero a min costoume o meu tempo. Foi o outro día no cha... estoooo no muiño, que me atopei co orixinal. Inmediatamente fixen uso de tódolos meus recursos oratorios, persuasivos, chantajistas, aduladores, etc... E NON VALERON ABSOLUTAMENTE PRA NADA (a próxima vez que vaia ós chinos teño que acordarme de comprar máis). Desesperado por saber a quen lle vendera os dereitos de autor encarguéi unha caixa de botellines, e asi, entre cervezo e cervezo, chegando xa ó final, confesoume en voz baixa quen era o imitador. A cuestión é que eu estaba xa medio peneque e hasta que mo dixo a berro pelado non me enterei ben.
Pois eso. Hoxe deixo esta pregunta no aire e unha encuesta ó lado para ver si acertades; e o próximo lunes direi quén é.
Como diría Julián Lago "La respuesta.... después de la publicidad".
Chuchos e apertas.

2007-10-02

Falando catalán na intimidade


Foi no Cebreiro; e como decía a canción "a la sombra de los pinos". Así somos e así estamos.
Para os malpensados decir que nas escenas peligrosas non se usa ningún tipo de dobles nin efectos especiales. A calidade de imaxen e Jai Definixon by teléfono móvil.

2007-09-17

Música de espera

Mentras Espinete fai memoria e da algunha pista sobre os mozos da noticia anterior, e mentras atopo o cable para conectalo móvil e así poder subir os vídeos do Cebreiro (vaia panda!!!), e mentras... ¿que facer? Pois nada, deixo unha pregunta para que alguen me diga si é certa ou non: Si eu (ozelui, que son de Doncos) digo: "tódolos de Doncos son unhos mentirosos", ¿é certo o que digo ou non?
Como xa se regalou un cargador de móvil en algunha noticia anterior, neste caso o que acerte regalámoslle a corriente pro cargador. Eso sí, sín abusar: non vale meter os dedos no enchufe.
Chuchos e apertas.

2007-09-11


Esta é a foto boa. A anterior era para saber si estabades atentos a errores de impresión. Vexo que non.
¿Alguén sabe quén son? Seguro que a selección de baloncesto non.

2007-08-27

No café de Maria xa se facian BOTELLÓNS fai moitos anos, ademais era xente elegante, estaba todo desifectado, ou estaban inmunizados, contra os VIRUS

2007-08-22

Cafeteria con Solera

Próxima apertura este Nadal. Haberá periodico, cafeteria, pequeno supermercado, despacho de pan, e actividades culturales., como cine, charlas, futbol pirateado e teatro de diversas compañias, ¡aceptanse suxerencias !

2007-08-08

Eventos eventuales inmortalizados artísticamente (máis ou menos)

Unha das cousas que levo tempo pensando, mellor dito que leva tempo pensada, e que por vagancia aínda non fixera, é a creación de un gran album web. ¿Y eso que é lo que é? Pois un espacio en donde se podan subir fotos das cousas que vaian pasando e donde todo o mundo, ou quen un queira, poda descargar. Úsease, como a mula, pero en fotos.
Ahora en vez de a típica "Ay, mándame as fotos que sacache da cena ó correo", "Ay, e min tamén", "E a min.... e a min... e a min", pois nada: fotos ó album e que cada un colla as que lle pareza ben.
En caso de que non se desexe que sean públicas e solo as podan ver quen vos queirades, pois péchase o álbum, métese a chave na faltriqueira e solo se lle da copia a quen un queira.
Os dous primeiros álbumes xa están creados. Un gracias a Azucena, sobre a festa do Santiago de este ano, e outro gracias a Marelo, sobre a cena dos chiflos. Hai fotos de exposición.
Santiago 2007
Cena Santiago 07