2007-02-13

¡¡EXCLUSIVA!!

Xa temos as primeiras fotografías do carnaval, gracias ó esforzo do enano infiltrado que se colou nunha proba de vestuario dos individuos en cuestión.
Parece ser que os dous interfectos teñen a intención de ir disfrazados de árabes, e que nun momento da proba unha rafaga de aire lles fixo volar o turbante, deixando á vista o método de sujeción. Ahora están baraxando sujetalo cunhas puntas, porque cas trenzas téñeno bastante complicado.
Seica teñen pensado poñer un anuncio no periódico para solicitar mulleres pra completalo harén. O parecer queren chegar ás duascentas.
Noutro orden de cousas temos que facer referencia ó cumpleanos pasado da rapaza que sale na foto: Ana. Esta felicitación teríamola que haber posto o día 8, pero como foi día santo houbo que pospoñelo (si cola, cola). En canto ó número de anos varía según as fontes: 23 según a organización, 26 según a policía municipal e vintetantos según D. Félix. Moitas CONGRATULEIXONS!!!

2007-02-06

¿E logo, ti de que te vas disfrazar?

Teño o ánimo desasosegado, entre outras cousas. Non quepo en min ca ansieda que me produce non saber o disfraz que ten pensado levar cada un o día do entroido. Entoncias, e sin que sirva de precedente, ocurríuseme preguntar.
O que vos propoño é o seguinte: vendo a fauna que pulula por esta páxina, e outra moita que solo lle da por ler, sería de agradecer que pensarades o disfraz que levaría cada un o 17, e por qué ese disfraz.
¿De qué se disfrazará a da mochila azul? ¿Asaltacaminos irá de vikingo como o ano pasado? ¿O da báscula estará presente? ¿E Carlón?
En fin, la impaciencia me devora.

2007-02-03

Feliz, feliz en tu diaaaaaa....

....amiguito que Dios te bendiga,
que reine la paz en la tierra,
y que cuuumplas muuuchos máaaaaaaas.

Ahí o tedes, os seus anos feito un mozo. O día 4 cumple, e según dixo ten intención de invitar ó pulpo en Pedrafita o día 5 a todo o pueblo. Seica xa fixo vales e vaios repartir polas casas este fin de semana.
Bueno, invite ou non, FELICIDADES AMIGO!!!

2007-01-29

Fiestaaaa!!! que dixo Pocholo

Pues eso. Xa chegou o entroido. E ten fame e sede.
A ver que vos parece o que figura no cartel.

A cousa xa vai medio organizada. Marelo dixo que facía o lume. Elvira e María que se encargaban dos pequenos. Mondín dixo que el que tizaba, e despois que arrimaba cebolleta. O que hai que facer ahora e avisar a todo o pueblo e demáis xente de interés e montar unha boa festa; así que ide avisando á xente.
O recomendable será achegarse disfrazado, ou no seu defecto ca careta quitada. En caso de que non haxa disfraz poderase comer chicho, pero o viño ni tocarlo.
Por certo, quedará terminantemente prohibido meter os petardos dentro dos botes.
Carpe Diem.

2007-01-25

que duro e o choio de electrico

Precisase secretaria, ainda que non entenda o teléfono primarán a idade, o tipo e as medidas (non por nada, pero a oficina e pequena).

Nota: en caso de non encontrar tamen serviría alguen que entenda algo de luces e cables. (tu dalle o cable que telefonear talefoneo eu)

2007-01-23

Outra afoto

Moi boas. Aquí estamos outra vez cunha nova edición do periódico dixital máis dicharachero do mundo mundial. Despois das canciois do maestro Botauga, dotado desa prodixiosa voz que fai resonar no café a veces, imos publicar un traballo que me levou do orde de dez días realizar, e non é coña. Igual resulta que é unha chorrada, pero eu estou como un neno con zapatos novos.

O método de realización foi bastante artesanal. Unha cámara de fotos, unha cama elástica e a dar saltos durante unha semana para conseguir a foto boa. O malo do asunto foi cando algún gracioso me apartou a cama elástica na mita dun salto. Menos mal que había un palleiro de toxos e puden caer en blando.
A foto pesa un pouco máis de dous megas, aviso a navegantes con conexión lenta. Si alguén quere unha con maior resolución que me envíe un correo e remitolla de volta. A orixinal pesa 14 megas. Vense hasta as vacas pacendo.

2007-01-12

Entrado o novo ano e despois de recibidas clases de baile, de compostura, de intrené e incluso recibimos nocions básicas de constucción, seguimos faltos dunhas indicacións básicas de múseca.

Sabido é de todos o amplo repertorio dado a coñecer en sobradas ocasións e distinguidos días, pero debe ser pola falta de luz dos momentos que logo a hora de recordalas falla o seso,( ehhh seso con ese de seso). Para dar unha pequena mostra hoxe recordamos aquela que di:


En Castelo non hai mozas
en Noceda gana delas
o que queira boas mozas
que veña Doncos por elas

Ou aquela outra:

Se nos preguntan de onde somos
responderemos con arrogancia
somos de Doncos somos de Doncos
somos da capital da vagancia

Bueno, por hoxe chega, na próxima tentarei falar con un personaxe (deses a estudiar) pra ver se quere cantar a do colchon, que din as malas linguas que é moi boa.

2007-01-10

Has visto un ciclo en televisión....

...de cine en tiempos de Franco
yo soy aquel chaval que creció
en la fila de los mancos.
Así cantaba Sabina hai unhos anos. Daquela eu non puden medrar na fila dos mancos, e non porque non quixera, jejeje, se non porque en Doncos non había cine. E sigue sin habelo. Pero ahora xa non é un problema; temos o internete este, e pasámolo casi igual de ben que antes.
Este artículo non ten moito que ver con Doncos; si acaso ten que ver porque está feito por un de Doncos e conta as súas experiencias (xa empezo a parecer ó abuelo Cebolleta). O que pretendo aquí é que teñades unhos cuantos enlaces a páxinas máis ou menos boas, incluso das que fan que vos salgan granos. Imos alá.
www.webalia.com
Desta páxina salen a mita dos correos eses que nos mandan e nos mandamos, e que o final son autenticas chorradas que che fan esbozar unha sonrisilla ou botar lágrimas como a fonte de Lamas.
www.bandaancha.st
Para estar ó día de todo o que se move no mundo das comunicaciós, especialmente internet, emule, etc...
www.pumbo.com
Chorradillas renovadas día a día.
www.agujero.com
A biblia de internet. Si non conoces esta páxina é que non sabes de que vai este mundo da rede. Tamén ten cousas pros granos moi boas. Quietooooooooooossssssssssss!!!!!
www.todointernet.com
Páxina que fai un galego afincado en Madrid. Ten a paciencia do Santo Job, porque mira que a xente lle pregunta cousas chorras e moi poucas veces se sale das súas casillas. Pa haberse matao.
www.nopuedocreerquelohayaninventado.com
Pues eso. Inventos curiosos cuando menos.
Hala, nada máis. Cando acabedes con estas poñemos máis, pero creo que levades pra un cacho.
Viva a plaza do Grelo!

2007-01-08

Esto onde é......?


Dou un sugus de botelo ás finas herbas con piñones a quen acerte ónde se fixo esta foto.
Vai en consonancia con algún dos comentarios de hai dúas mensaxes, e esta foto faralle rinchar os dentes de rabia a máis de un.....
(Por certo, que logo non digan, que en Doncos temos hasta planetario!! Ou non se ven as estrelas desde este magnífico observatorio?)

2007-01-04

o mellor e o que non se ve


Non, tranquilas todas, en contra do que pensará a maioría estes individuos valen pra verlle-la cara, pero imos darlle algo de emoción ao asunto e antes de presentalos formalmente . En caso de que os comentarios non sexan de bon agrado...
...a foderse que as caras tarde ou cedo anse de ver.
O motivo deste retrato vai enfocado en primeiro lugar a esa que nasceu na "ladera de la sadoira" de todos coñecida, para que abra un pouco os ollos poda ver o "material" que se distribúe por todo o pobo, señorita: hai que abrirse un pouco mais (non de pernas eh) e mirar algo mais lonxe do barrio Flex. Observe detidamente verta os comentarios oportunos.
Ahh esquenciame, dos 7: dous afundidos e dous tocados asique señoritas apuren....