2008-08-11

Fondo de pantalla

Pois eso, un fondo de pantalla para o teu pedazo de ordenador. Diseño exclusivo da feira do 14 para que vaciles diante das túas amistades enseñándollelo rancho que tes no PC. Para os que lles pareza moi enxebre decir que esto é un Wallpaper disigned by Ozelui.

2008-08-07

IDENTIFINQUE A ESA PARELLA.


É a que merecía o premio a mellor xota, e muiñeira, a pesar de que non entraba en concurso según a organisasión, xa que a exibición foi a saida de misa e despois da procesión.




"Si señor" dos expontáneos para tourear unha procesión, cada ano mais corta, mais pequena e con menos asistencia que nunca, ata a virxen iva sen angarillas. GRACIAS BAILADORES, FAI TEMPO QUE NON DISFRUTO NO SANTIAGO COMO CON AS DUAS PEZAS QUE BOTARON como fin de procesión.

Home os músicos, boísimos que imos decir dos maestros Corolos que encima non cobran, como outros.

2008-08-05


O apalpador, unha historia dos nosos pasados que por noiteboa traian castañas asadas os nenos que logo de palparlles a barriga e non cearan ben.Seguro que conseguiremos que sexa un xigante galego que traia moitos e fermosos xoguetes, por o nadal os nenos galegos. Farase unha escenificación na feira do catorce

2008-08-01

Feira de Outono

Xa está en máquinas. Este é o cartel anunciador da feira de outono. Imos ter de todo: cesteiros, alfareiros, ceramistas, xoieiros, concentración cabalar, contacontos...
Ahora que está a plaza máis despexada optouse por facela nas dequintas o 14 de septiembre.
Así que xa sabedes, primeiro a disfrutar da feira e despois a ver si invitades a comelo pulpo, que teño que mantela línea... curva.

2008-07-14

¿Quién mató al Comendador?

"Para emprender la jornada
de esta ciudad, que ya tiene
nombre de Ciudad Real,
juntó el gallardo maestre
dos mil lucidos infantes
de sus vasallos valientes,
y trescientos de a caballo
de seglares y de freiles;"
Lope de Vega - Fuenteovejuna

Así nos chamaban hai unhos anos na Voz de Galicia. Fuenteovejunas.
Eu non fun testigo dos feitos porque vivía en Sevilla, pero hasta alí chegaron os ecos da movilización xeral. Fontes acreditadas dicen que tocaban as campanas a fuego, que as mulleres asaltaron unha excavadora a coios e os pequenos chegaron a secuestrar un dumper cun tirador de garbanzos. Sea como fora, ó final a pista quedou no seu sitio e non onde a querían deixar.
A noticia aínda sigue colgada na web do periódico, e de alí saquei esta captura de pantalla.
Non sei como me amaño, pero sempre me perdo as mellores movidas.

2008-07-12


Opastor Belga, catro vai oilas, non sei o que lle será mellor o perracho se ser xordo ou non saber idiomas, que Dios o colla confesado

2008-07-11


Para pasalo bén non fai falla comprar motos como Fidalgo e Ranga, eses son moi chuletas pero non dan casado

Doncos en festas... festas en Doncos



En Doncos somos así de cabezós. Que o Corte Inglés dice que o 25 é Navidá... pois non. O 25 é o Santiago. Saberán moito de vender cousas, pero de festas non teñen nin idea.
Xa están os carteles postos, os chigres apalabrados, a luz contratada como tódolos anos, Suso trouxo as banderas, os tableiros pro palco encargados, a gadaña afilada, a pólvora ben seca, e a avioneta co nitrato de plata pre espantalas nubes alquilada. Hasta a Pepín lle pasou o susto que colleu cando oiu falar algo de un castiñeiro. Tranki, o teu sigue no seu sitio.
O que sería de agradecer é que alguén lle fixera unha espada de madeira a Santi pra procesión, que sempre ten que salir con un garabullo...
Por certo, este ano recoméndase atalos cais, que dicen que a pólvora é da boa.

2008-07-10

TES MOITO QUE APRENDER




Para retoques do POTOCHÓ, o das fotos do último Santiago do que temos noticias, xa que o do SANTIAGO 2008 non hai nin comentario. Estas si que están irrecoñecibles polo menos os personaxes, que tamén lle daban o cubata de xinebra.























Ata o gran-roble de Pascual quedou novo, despois do lixado, pintado e pulido, pura técnica informática.




Sin barniz

E increíble como cambian as fotos cando lles quitas de encima unha boa capa de barniz do tempo e lles das unha mau de pintura, ainda que sea con brocha gorda. Podíase facer mellor, pero esta restauración dunha foto publicada hai tempo non quedou tan mal.
Si alguén quere que lle restaure algo (fotos principalmente) que me as envíe ó correo.

Aviso a navegantes: estou facendo prácticas de photoshop. jejeje