2008-06-11


E non vedes co se explica o Ramoncin, vamos ter que cortarlle " a cana" . Dixo a Sra Pura dixo, que lletraspasaba o mostrador, non sei se me chegara o serrucho do Veiga

2008-06-09


Sr. Delegado da Consellería do medio rural

Expediente MON-LU-9/2008-ASV

Moi Sr Meu:

O asunto do castiñeiro é doado de explicar e ao mesmo tempo complexo. Hai trinta anos que os veciños mercamos unha propiedade, coa intención de modificar un camiño que atravesaba o campo da feira onde estaba situado o castiñeiro do que estamos a falar.

Esta árbore, polo lugar que estaba a ocupar – ao pé mesmo da pista - e mais a inclinación que lle estaba a afectar, tiña roto moitas lonas de camións e tractores. ( Eu mesmo fun un dos moitos afectados pola súa disposición, pois en certa ocasión quedou enganchado nel o remolque do meu tractor). A maiores, impedía as manobras de entrada e saída do transporte escolar que víase, un día si e outro tamén, en constantes atrancos.

O castiñeiro contaría cunha idade de 80 anos e medrou torcido por culpa de estar a sombra doutro máis grande que el e, como era de agardar, foi buscando a vida polo camiño que lle marcaba a luz do sol cada mañá.

Co propietario da árbore, Xulio Alvarez , -que é quinto, veciño e, por riba, amigo meu desde cativo - tiña falado en varias ocasións sobre a situación do castiñeiro e sobre os problemas que estaba a supor para todos os veciños a inclinación natural que padecía, asuntos ambos nos que tiñamos plena coincidencia de criterios. Sentado isto, achegueime unha mañá cedo ata o castiñeiro co meu tractor e a miña motoserra e optei por eliminalo, movido polo desexo común e compartido de ter libre e franca a pista pola que nos servimos todos os veciños. Tomei esta decisión, insisto, convencido de que estaba a facer un ben a toda a comunidade e mais a todos aqueles que, sendo alleos ao pobo de Doncos, tamén tiñan a necesidade de servirse da pista. Considerei, por dúas razóns, que a mellor opción era facelo eu mesmo: unha, porque Xulio Alvarez ten o seu posto de traballo fóra de Doncos (e non tiña tempo de facelo el mesmo...) e, outra, porque tampouco contamos cun pedáneo a quen dirixirnos, ( porque os alcaldes de hoxe en día non os nomean pois semellan ter o don da ubicuidade, don ben estudiado e que lles reporta unha morea de votos en cada elección ... ) e ,sopesado todo, e unha vez cortada a árbore, levei falca, cana e pólas ata a propia porta do dono para que fixera uso delas como mellor considerase. Case de seguido, esa mesma tarde, plantei no mesmo lugar un castiñeiro novo, enxertado e de “parede”. (O anterior era de “presa”, variedade que dá unhas castañas de moi baixa calidade).

Expostos os feitos, réstame manifestarlle a vostede que entre o sr. Xulio Alvarez e mais eu estamos a manter a mesma relación persoal de sempre, se ben –e isto é comprensible- fíxome o comentario de que nun suposto caso semellante fale previamente con el, para acordar xuntos día e hora na que proceder á corta (se esta é necesaria), e evitar así malos entendidos ou comentarios de terceiros.

Pola miña parte -ignorante de que esta acción podía rematar coa incoación dun expediente de sanción-,manifesto a miña disposición a non repetir, por ignorancia, feitos como os que deron pé ao informe que lle remitiron, e quedo á espera do que vostede decida. Se optara pola sanción económica, só pregarlle que non sexa dunha contía alta, pois os meus veciños fixéronme saber a súa intención de axudar no pago e non desexo que lles supoña unha cantidade elevada. (Recoñezo que a xenerosidade que me ofreceron a través dunha comisión de tres persoas chegou a emocionarme.)

Por outra banda, e na defensa do meu bo nome, quero engadir que en Doncos non me coñecen por feitos como o manifestado nas liñas anteriores, senón por outros absolutamente distintos...coma son os de plantar árbores polo pracenteiro gusto de facelo, así coma enxertar para min e para outros ou axudar nas labouras propias de bos veciños labregos. E isto, erros á parte, é algo que nestes intres me axuda a camiñar.

Para rematar, só invitalo – se o considera necesario para a súa decisión – a achegarse ata o meu pobo de Doncos para que coñeza “in situ” o lugar onde estivo a árbore que cortei , e a condición na que quedou agora ese mesmo espacio trala plantación do novo castiñeiro.

Agardando a súa comprensión quedo para o que vostede dispoña

2008-06-05

CALQUERA PARECIDO CA REALIDADE E PURA COINCIDENCIA



DIA: Non se acorda ninguén

HORA: Naide tiña relo

LUGAR: Por suposto Chavello

CANTIDADE DE TULLANMORE: Ufffffffffffffff

MODELO DE SOMBREIRO: O que taía pre gadañar na ferrería

2008-05-26

2008-05-23


O de Valentín e un pavo de 30Kg, dito por o seo xenro Roberto, tamén dixo que menuda PAVA era
a Sogra, "peligrosísima", sobretodo no CARNAVAL

2008-05-22


Non sei si vos destes conta que en Valdesusán hai algo mais que CABRITOS

2008-05-20


A festa de Castelo, 1957 xá choveo.Era unha festa para disfrutala, o camiño era por as Virtas,marchaban todos xuntos con cestas de merenda e volvian de mañanciña atando xestas no camiño e cambiando cancelas de sitio, si daquela pillan tronzadores, arruinan a "FINSA"

2008-05-09





and yu spikin inglis, refrescade a vista e cando podades cruzade o charco, son moi coidadosos do seo entorno, pero comen regulin, moitos shanguichs, e patacas con nata, eso si cervexa a mogollón, levádelle un ramo a que morreu, a que se votou o agora pode matarvos de susto do fea que é, débe de terlle bó "durmir"

2008-05-03

PROTEXAMOS O CASTIÑEIRO MILENARIO.



O castiñeiro que recíbenos o chegar as de quitas, é unha arbore centenaria que debe solicitarse a categoría de protexida, e quedando rexistrada . As árbores supoñen todo un patrimonio natural e en moitas ocasións histórico que polo momento non conta cunha lexislación específica. Deste xeito, non é estraño que se perdan ou que se deterioren exemplares que, ás veces, poden achegar curiosos datos sobre a propia historia do país. “Árbores monumentais no patrimonio cultural de Galicia” é desde 2003 a obra de referencia sobre estes elementos que existe no noso país. Os seus autores, Carlos Rodríguez e Jesús Izco, pasaron anos a percorrer Galicia na busca daqueles vexetais que máis destacasen pola súa idade, formas, tamaño ou historia, e pode ser que por Doncos non pasasen , solicitamos opinions, e se sabe algún os centos de anos de semellante exemplar, a ver como anda a memoria.



A lista oficial da Xunta só inclúe por agora 25 exemplares no territorio da provincia.

2008-04-28


A quen se parece ese cabaleiro andante, ten irmaos en Doncos e Francia, morreo en América