2008-05-22


Non sei si vos destes conta que en Valdesusán hai algo mais que CABRITOS

2008-05-20


A festa de Castelo, 1957 xá choveo.Era unha festa para disfrutala, o camiño era por as Virtas,marchaban todos xuntos con cestas de merenda e volvian de mañanciña atando xestas no camiño e cambiando cancelas de sitio, si daquela pillan tronzadores, arruinan a "FINSA"

2008-05-09





and yu spikin inglis, refrescade a vista e cando podades cruzade o charco, son moi coidadosos do seo entorno, pero comen regulin, moitos shanguichs, e patacas con nata, eso si cervexa a mogollón, levádelle un ramo a que morreu, a que se votou o agora pode matarvos de susto do fea que é, débe de terlle bó "durmir"

2008-05-03

PROTEXAMOS O CASTIÑEIRO MILENARIO.



O castiñeiro que recíbenos o chegar as de quitas, é unha arbore centenaria que debe solicitarse a categoría de protexida, e quedando rexistrada . As árbores supoñen todo un patrimonio natural e en moitas ocasións histórico que polo momento non conta cunha lexislación específica. Deste xeito, non é estraño que se perdan ou que se deterioren exemplares que, ás veces, poden achegar curiosos datos sobre a propia historia do país. “Árbores monumentais no patrimonio cultural de Galicia” é desde 2003 a obra de referencia sobre estes elementos que existe no noso país. Os seus autores, Carlos Rodríguez e Jesús Izco, pasaron anos a percorrer Galicia na busca daqueles vexetais que máis destacasen pola súa idade, formas, tamaño ou historia, e pode ser que por Doncos non pasasen , solicitamos opinions, e se sabe algún os centos de anos de semellante exemplar, a ver como anda a memoria.



A lista oficial da Xunta só inclúe por agora 25 exemplares no territorio da provincia.

2008-04-28


A quen se parece ese cabaleiro andante, ten irmaos en Doncos e Francia, morreo en América

2008-04-26


Unha casa para coñecer en Vilaquinte Cervantes "casa do crego", dez anos de traballos feitos con cariño e sensibilidade. O seo valedor Rafa, persoa moi afable e agarimosa, súmase os motivos da visita obrigada de esa Rectoral que queda entre Cervantes e Navia de Suarna
http://www.ocrego.es

2008-04-22

2008-04-07

NON QUERIAIS CALDO....

Atención! Comunica o Ministerio de Alimentación que se aborta a Operación Bikini en Doncos. Repetimos: abortada a Operación Bikini de cara o vrao. Os motivos son seis, por orden cronológico:
  • Pepín P. Ministro de Transportes.
  • Santi P. Ministro da Cuota Láctea.
  • José L. F. Ministro de Novas Tecnoloxías.
  • Juan R. Ministro de Alimentación.
  • Carmen R. Ministra de Lamas.
  • Carlos G. Ministro.
A estes señores ocurríuselles nacer en abril, no espacio de 10 días; supoño que naqueles tempos non tiñan nada mellor que facer. Como dixo non sei quen "A culpa é das mais".
EN CONSECUENCIA.- Convócase referéndum o próximo día 19 de abril en Villacol, a eso das 10 da noite, para decidir si lles cambiamos a fecha de nacimiento, co permiso de D. Félix, e que así vaian cumplindo anos en meses alternos, ou os deixamos como están, co peligro de que o ano que ven volva pasar o mismo.
Tamén aproveito para decirlle ó Sr. Troula que fun ondia o Rucho e non tiña repartidores. Si acaso podo mirar en Telepizza.
PD. Por descontado que entre voto e voto se degustará un churrasco e/ou ensalada, amén de outras viandas. O viño será da marca "Embotellado especialmente para esta casa".

2008-04-04

COLABORADORES


Atendendo as peticións do redactor da noticia anterior, Mr. Espinete, e despois dunha búsqueda que me levou polo mundo enteiro, de facer miles de entrevistas a miles de candidatos deseosos de colaborar no evento, por fin atopei os dous traballadores máis adecuados para levar a bon fin calquer cometido laboral.

Debo dicir que foi unha negociación moi dura. Saben o que valen, e tiñan ofertas moi tentadoras de outras festas e ruadas. Xa se sabe que cuntan cunha dilatada experiencia neste asunto.....festas, feiras, ruadas, discotecas, pubs, festas gastronómicas, romerias e similares por toda a xeografía provincial e, incluso no resto do pais.

Afortunadamente, as 5:00 da mañá (como Lendoiro), e despois dunha opípara cea moi ben regada, aceptaron a proposta. Os seus honorarios, de seis cifras, corren pola miña conta. Será por cartos¡¡¡¡¡¡. A cea quedou a deber.

O trato é que eles se encargan de todo o traballo manual, loxística e infraestructuras, necesario para a feira de ano. Comprometeronse a ter todo listo a mediados de agosto.

A foto saqueina da sua tarxeta de visita profesional, da vella tarxeta. Están a facer unhas novas porque din que lle queren cambialo nome a empresa, quitarlle o de "Pepe Gotera e Otilio", e poñer unha foto nova, porque, o parecer, segundo me dixeron, retratarse en zapatillas de casa parece que non lle daba moita confianza os clientes. Parvadas, ben se vei que son ben traballadores.

Polo tanto, todos tranquilos. O da Feira xa está solucionado.

2008-03-28

FORESGAL-88


O segundo domingo de setembro farase a 1ª feira de ano en Doncos, de momento, temos comprometio o pulpeiro, que non epouco, a ela viran: artesáns e todos aqueles que queiran vender algo, acéptanse ideas e colaboradores