vexo que o asunto do rock tenvos sen coidado, pero a que esto gostavos mais pandilla de comilons, pois e a que me vou meter hoxe entre peito e espalda, ala con dios.
2007-06-10
E agora a papear
vexo que o asunto do rock tenvos sen coidado, pero a que esto gostavos mais pandilla de comilons, pois e a que me vou meter hoxe entre peito e espalda, ala con dios.
E moito meu
2007-06-07
BARON ROJO

Chavales vou cambiar un pouco de tercio, que a anterior noticia esta un pouco queimada, e querovos anunciar, que maña hai un gran concerto, queda un pouco lonxe, pero o que algo quere algo lle costa, e ademais sendo quen son vale a pena moverse 1000 km para velos, querovos recordar a algun, que os vimos fai como 18 anos en Lugo, algun dos que estavamos presentes no evento saiu en plano horizontal, pero pasamolo moi ben.Hai vai a entrada.Saudos dun emigrante heavy
2007-05-30
¿E ahora?
A primeira parte rematou. Cada un votou a quen lle deu a gana, e o final os resultados están á vista. Pero esto promete.Amigos mios: necesitamos un alcalde. Necesitamos poñerlle unha cara á silueta de arriba, que nos represente dignamente e traballe polo pueblo, etc. etc. etc... Pero a cousa non é que estea complicada; e que está enrevesada. Eu creo que deberiamos votarlles unha mao ós candidatos e propoñerlles os posibles pactos, sin ánimo de lucro (ou si :)) ; En definitiva o que se trata é de darlles ideas.
Entre Coedo, o Rucho, Espín e Ribao anda o xogo. O perrito piloto vai ser para.....
2007-05-28
xornada eleitoral

Velaí outra mostra de compostura e saber estar. Presidente(señorito Fernandez) e dous vocais(señorita Freijo e señor Rio) velaron por levar a bon fin unha debatida xornada electoral. Seica xa a mañá de cedo recibiron o primeiro dos 10 cafés que tomaron o longo do día, cas correspondentes gotas de toro e galletas de maría. Xa a media mañá ocurriuselles a idea de levar unhas cervezas por se alguén chegaba con sede, e logo do xantar non faltou o combinado culilumpio de wiski con cocacola, e dicir: por pouco hai que deixa-lo reconto para o luns.
2007-05-25
O CAZADOR CAZADO

Benvidos a unha nova edición de "Fauna Doncal". Hoxe falaremos do "paxarus fidalguis". Trátase dunha ave de presa, nocurna, que se alimenta sobre todo de líquidos. Viaxa moito. Non para de falar (perdón, piar), e de cando en vez, emite un son parecido o da gaita (nese caso é extremadamente perigoso, fuxide, sobre todo si se xunta co "riegus gaiteirus, o que lle adicaremos outro capítulo). É moi facil velo polas festas e ruadas (por iso lle adicamos hoxe o programa), pero atención as féminas: É moi, moi, moi perigoso, caza de noite e donde agarra......................... Continuaremos outro día con outras interesantes especies da "Fauna Doncal".
2007-05-24
BVBVotaremos!! ??

OLA OLA!
Pois iso, este domingo exerceremos o noso dereito de voto, no que eliximos aos nosos representantes públicos polo próximo periodo de catro anos.
Vou aproveitar e ser un pouco reivindicativo. No noso concello só votaremos con un sobre, pois as eleccións da Xunta son noutras datas. Pero é que fáltanos outro sobre máis, un terceiro (No noso caso segundo) de cor verde.
Éste terceiro sobre debería ser para votar ás pedanías, das que Doncos debería ter unha, e non se vota.
Temos catro anos para formar o "Partido por Doncos". ¿Imos? Necesitaremos xente con carisma (Zuzo, que aceptamos xentes de todo o municipio) e para cumplir as leis de igualdade, algunha moza, como a nosa mochileira máis internacional...
2007-05-18
FEIRAS FESTAS E EMPANDAS

Pois si señor, achegase o verán e con el veñen todo tipo de eventos, a proba está aqui, este fin de semana celebrarase a II feria de empanada en As Nogais, seica xa o sábado 19 o vir da feira de Becerreá poderemos asistir a un espectáculo de maxia, e a noite haberá verbena e verbenas. Logo para o domingo dende a mañá desenvolveranse todo tipo de actos, Banda de As Nogais, grupos folclóricos, etc... Aleeeee todos de festa; e non mancarse que é o principal.
2007-05-10
Anxo

O pasado martes emitiuse na TVG un programa dedicado a Anxo, o cura das Nogais. Nel sale xente de toda a comarca, e a banda tocando. E curioso; toda a vida tendoo ó lado e daste conta do que realmente é cando lle graban un programa na tele.
Aquí vos deixo o enlace pra velo en intesné. O malo é que solo vale para os que teñan unha conexión tipo DSL ou cable. Pro resto decir que o volven votar o próximo domingo.
Aquí vos deixo o enlace pra velo en intesné. O malo é que solo vale para os que teñan unha conexión tipo DSL ou cable. Pro resto decir que o volven votar o próximo domingo.
2007-05-09
fiesta fiesta
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

