2007-04-17

ABRIL

Algo terá a auga cando a bendicen

Pois o mismo que se lle aplica á auga se lle pode aplicar ó mes de abril. Chegou a primavera, e con ela os capullos... das flores. E neste mes naceron ilustres personaxes en Doncos. En dez días, escasamente, cumplense anos desde pandelo a outeiro, pasando por val de susán, e algún que está no medio dos dous e que non ten claro a que barrio pertenece.
Empeza o día 8 Santi, que cumple taitantos; síguelle o día 12 Pepín, o señor autobusero, que cumple taitantos e pico. Pasamos ó 16 e pasamos pola riega; alí o primogénito da familia pasa dos titantos, pero non se sabe ben como o leva. Chegamos o barrio de outeiro, zona sur. O que suscribe, o 17, cumple taitantos menos un; pero parece que ten taitantos menos dous. O final volvemos a pandelo, para que o 19 cumpla Carlos. A edade de este non se pode decir, porque nos deixa en vergüenza ós demáis.
En fin, visto os personaxes non é de extrañar que propoñamos abril como o mellor mes do ano, sin ningún tipo de discusión: qué sería de Doncos sin os gorgoritos de riega e meus no café, sin o suave devenir de Santi pista arriba ou pista abaixo, sin a mexada desde o castiñeiro o día de Santiago que estableceu como tradición Pepín, e sin o cachondeo e o arte en pleno danzón de Carlos. Inimitables e irrepetibles (gracias a dios).
Felicidades a todos.

2007-04-03

A quén lle tocou...............???

Como dirían os idiomáticos da TVGa, "Velaí o tedes, rapaces:"

Pois iso, a ver a quén lle tocou o invento ese do minikuá. E tamén, manda carallo que abandonados somos que pasan os días e non nos acordamos de decir cal número foi o premiado no sorteo este.

(Por certo, que eu prefería, de tocar, que me tocaran os seis kilos de euros, e non o moniquas ese)

ALE, ALE, que salga o premiao!!!

2007-04-02

Con nocturnidade e alevosía



Facendo gala da exclusividade que nos caracteriza, adiantándonos ó Mundo, ó País e incluso ó Marca; sin que aínda se fixeran eco as distintas radios e televisións locales de Doncos (que has hai), publicámola foto da reunión da executiva do BNG, donde se coceu a lista para as próximas eleccións municipais. Hai que reseñar que aparte da lista tamén se coceran empanadas e bizcochos.
Non están todos os que son, nin son todos os que están, pero a xuntanza valeu a pena. Na foto queda retratado un momento de esparcimento despois das duras negociacións, donde cada un está o seu aire sin nin siquera darse conta da cámara que lles está facendo a foto.
Ahora intentaremos colarnos nas reunións dos outros partidos políticos. Sabemos que está complicado, pero en canto detectamos o olor a empanada e chorizo somos capaces de calquera cousa.
Unha vez máis na brecha, doncosblog.

2007-03-28

rum rum rum


Hay que ver como cambian os tempos, antes a xente quitaballe o escape para que rombara mais, e agora mirade, mandar manda chover me cago en to.

2007-03-26

buscando a burra ¡So cabalo!


a mundin non o vin, pero burras habia unhas cantas, mira a ver se se parece algunha e mandolla.

2007-03-20

Solo apto pre entendidos



















Si señores, chegou o fin do inverno e para celebralo o menda maña vaise encher de pulpo a Pedrafita. Bueno e deixando a parte culinaria a un lado,tal e como se ve na instantánea o individuo realiza labores da época primaveril, pero... ¿Que carallo esta facendo?, ahh... non vale dicir que se encuentra haciendo aguas maiores ehh!!! que non e o caso. Aleee a romperse o seso. Bueno a pregunta de quen é o ejemplar que sale no retrato non é necesaria ou??

2007-03-15

Rifas e rifos


Aleeee, xa vedes a que se esta cocendo... nunca se pensou en face-lo Santiago (a festa ehh) ata o mes de Xullo agás este ano. Ainda non escomenzara o ano e xa andaban a rapazas da comision empaquetandonos rifas a todos. Pois ben, xa sabedes o que hai:
un miniquad e miles de rifas,
non se trata neste momento tampouco de calcular as posibilidades de que nos toque o premio a nos, pero xa sabedes, pra que toque hai que comprar.

2007-03-09

Pepe, pros amigos.

Si eu vos digo que este artículo vai en relación a D. José Bruno Antonio Francisco León Manuel Adonay Magdalena García de Vilouta, Santín y Valcarce, López Montenegro, Evia Miranda Sierra y Cienfuegos, o primeiro que ides pensar e que o cura que o bautizou tiña boa memoria; despois é fácil deducir que o susodicho era de casa boa. Pois si. Era o Conde de Villapún, o do palacio.
No artículo que vinculo neste ven detallada a súa biografía obra de Luis López Pombo, que según parece é do pueblo do lado. Si se le detidamente un pódese dar conta do que podería facer un tipo coma ese si chega a pillar internet como nos tempos de hoxe.
En fin, como decía algún emperador que non ven a cuento "el que no conoce su historia está condenado a repetirla"; así que non fagais coma os yankees e conocei o voso pasado. Nos podemos facelo, porque o temos; eles non, e así lles vai. Quod natura non dat, salmantica non praestat.
Chuchos e apertas.

2007-03-06

Angelitos!!!!

Aquí está a reportaxe fotográfica da sección infantil e non tan infantil do entroido. O fotógrafo foi Maese Fernando; en caso de algunha reclamación dirixirse a el preferentemente. En caso de premio dirixirse a min sería o máis conveniente.