2007-02-24


Foto recuperada dos arquivos historicos do pobo.
Parte deles forman o equipo de redacción deste noso xornal. O Director Xefe, xa daquela, andaba nas verzas ou mellor dito de viaxe. O sr Inselmo xa prometía de pequeno. Que pelazo tiñamos todos!!!!!!!!!!!!!
Sería a auga do Vao a que no lo conservaba???????????? De confirmarse esta sospecha o Teo pouca bebeu.
Ata a proxima e seguirse conservando así de ben.

2007-02-23

Para abrir boca.....


Bueno, a primeira na frente: Desenfocada. Tranquilos que todas as demáis estan mellor feitas. De todas formas escollín esta foto pra abrir boca (E nunca mellor dito, vaia caverna) porque é o momento máis esperado de toda a noite: A da mochila azul moi aproximada ó seu roxoncín, quen sabe con qué intencións....
Sorte que deixamos a cámara encendida na mesa, apuntando ben, e lle deixamos posto un detector de situacións como a que mostramos.
Pra outro dia meto máis....

2007-02-20

¿Alguén trouxo a sardiña?

Mentras se prepara o reportaxe fotográfico, e seguimos a negociación con Dez Minutos e Hola para a publicación das exclusivas, vamos repasar someramente o que alí aconteceu tal día como o sábado.
Xa pola mañá cedo chegaban noticias luctuosas do barrio de pandelo, e tras varias consultas telefónicas o sanedrín decidiu manter os actos organizados o largo do día.
As tres e media chegaron os primeiros nenos disfrazados ás dequintas, mentras nos aínda estabamos montando o tinglado no café. O ceo non deixou de enviarnos auga, supoño que facendo un guiño para ter reservas pro whisky, e non houbo momento que escampara nin un poouco siguiera. Esto levou a cambiar os planes de recollida de chorizos e toucín polo pueblo. En vez de eso houbo baile infantil, unha pota das grandes de chocolate, globos, serpentinas e moito fotógrafo inmortalizando o momento. Os crios estaban todos espectaculares.
E despois pasamos xa o entroido dos grandes. O maestro asador Souto preparou o churrasco no taller de Espín, e pudemos contemplar o grado de previsión da xente: non había naide sin navalla! Entre chicho e chicho un grolo e despois asalto a barra.
Os disfraces exibidos foron do máis variopinto: o da mochila azul moi logrado, hasta se pode decir que estaba boa :) o dos capirotes de blanco inmaculado. Varios máis de muller (e increible a fijación dos tios por disfrazarnos de muller), a dos monster, o sheriff, minnie mouse, e varias visitas que fomos recibindo o largo da noite, desde a guardia civil, a varios indescriptibles.
Pero como dicen que vale máis unha imagen que mil palabras, e eu non sei tantas palabras, vamos esperar a que aparezan as primeiras fotos.

2007-02-13

¡¡EXCLUSIVA!!

Xa temos as primeiras fotografías do carnaval, gracias ó esforzo do enano infiltrado que se colou nunha proba de vestuario dos individuos en cuestión.
Parece ser que os dous interfectos teñen a intención de ir disfrazados de árabes, e que nun momento da proba unha rafaga de aire lles fixo volar o turbante, deixando á vista o método de sujeción. Ahora están baraxando sujetalo cunhas puntas, porque cas trenzas téñeno bastante complicado.
Seica teñen pensado poñer un anuncio no periódico para solicitar mulleres pra completalo harén. O parecer queren chegar ás duascentas.
Noutro orden de cousas temos que facer referencia ó cumpleanos pasado da rapaza que sale na foto: Ana. Esta felicitación teríamola que haber posto o día 8, pero como foi día santo houbo que pospoñelo (si cola, cola). En canto ó número de anos varía según as fontes: 23 según a organización, 26 según a policía municipal e vintetantos según D. Félix. Moitas CONGRATULEIXONS!!!

2007-02-06

¿E logo, ti de que te vas disfrazar?

Teño o ánimo desasosegado, entre outras cousas. Non quepo en min ca ansieda que me produce non saber o disfraz que ten pensado levar cada un o día do entroido. Entoncias, e sin que sirva de precedente, ocurríuseme preguntar.
O que vos propoño é o seguinte: vendo a fauna que pulula por esta páxina, e outra moita que solo lle da por ler, sería de agradecer que pensarades o disfraz que levaría cada un o 17, e por qué ese disfraz.
¿De qué se disfrazará a da mochila azul? ¿Asaltacaminos irá de vikingo como o ano pasado? ¿O da báscula estará presente? ¿E Carlón?
En fin, la impaciencia me devora.

2007-02-03

Feliz, feliz en tu diaaaaaa....

....amiguito que Dios te bendiga,
que reine la paz en la tierra,
y que cuuumplas muuuchos máaaaaaaas.

Ahí o tedes, os seus anos feito un mozo. O día 4 cumple, e según dixo ten intención de invitar ó pulpo en Pedrafita o día 5 a todo o pueblo. Seica xa fixo vales e vaios repartir polas casas este fin de semana.
Bueno, invite ou non, FELICIDADES AMIGO!!!

2007-01-29

Fiestaaaa!!! que dixo Pocholo

Pues eso. Xa chegou o entroido. E ten fame e sede.
A ver que vos parece o que figura no cartel.

A cousa xa vai medio organizada. Marelo dixo que facía o lume. Elvira e María que se encargaban dos pequenos. Mondín dixo que el que tizaba, e despois que arrimaba cebolleta. O que hai que facer ahora e avisar a todo o pueblo e demáis xente de interés e montar unha boa festa; así que ide avisando á xente.
O recomendable será achegarse disfrazado, ou no seu defecto ca careta quitada. En caso de que non haxa disfraz poderase comer chicho, pero o viño ni tocarlo.
Por certo, quedará terminantemente prohibido meter os petardos dentro dos botes.
Carpe Diem.

2007-01-25

que duro e o choio de electrico

Precisase secretaria, ainda que non entenda o teléfono primarán a idade, o tipo e as medidas (non por nada, pero a oficina e pequena).

Nota: en caso de non encontrar tamen serviría alguen que entenda algo de luces e cables. (tu dalle o cable que telefonear talefoneo eu)

2007-01-23

Outra afoto

Moi boas. Aquí estamos outra vez cunha nova edición do periódico dixital máis dicharachero do mundo mundial. Despois das canciois do maestro Botauga, dotado desa prodixiosa voz que fai resonar no café a veces, imos publicar un traballo que me levou do orde de dez días realizar, e non é coña. Igual resulta que é unha chorrada, pero eu estou como un neno con zapatos novos.

O método de realización foi bastante artesanal. Unha cámara de fotos, unha cama elástica e a dar saltos durante unha semana para conseguir a foto boa. O malo do asunto foi cando algún gracioso me apartou a cama elástica na mita dun salto. Menos mal que había un palleiro de toxos e puden caer en blando.
A foto pesa un pouco máis de dous megas, aviso a navegantes con conexión lenta. Si alguén quere unha con maior resolución que me envíe un correo e remitolla de volta. A orixinal pesa 14 megas. Vense hasta as vacas pacendo.