2007-01-08

Esto onde é......?


Dou un sugus de botelo ás finas herbas con piñones a quen acerte ónde se fixo esta foto.
Vai en consonancia con algún dos comentarios de hai dúas mensaxes, e esta foto faralle rinchar os dentes de rabia a máis de un.....
(Por certo, que logo non digan, que en Doncos temos hasta planetario!! Ou non se ven as estrelas desde este magnífico observatorio?)

2007-01-04

o mellor e o que non se ve


Non, tranquilas todas, en contra do que pensará a maioría estes individuos valen pra verlle-la cara, pero imos darlle algo de emoción ao asunto e antes de presentalos formalmente . En caso de que os comentarios non sexan de bon agrado...
...a foderse que as caras tarde ou cedo anse de ver.
O motivo deste retrato vai enfocado en primeiro lugar a esa que nasceu na "ladera de la sadoira" de todos coñecida, para que abra un pouco os ollos poda ver o "material" que se distribúe por todo o pobo, señorita: hai que abrirse un pouco mais (non de pernas eh) e mirar algo mais lonxe do barrio Flex. Observe detidamente verta os comentarios oportunos.
Ahh esquenciame, dos 7: dous afundidos e dous tocados asique señoritas apuren....

2007-01-03

Año nuevo, encuesta nueva

Hola. Xa estamos aquí de novo. Feliz 2007 a todos e todas, que diria Ibarretxe.
En primeiro lugar pedir perdón si non se me entende ben, pero é que levo desde o día de ano vello afónico. Sería o hielo.
E como reza o título da noticia imos poñer unha encuesta nova. Da vella resultou ganador por maioría a "frase" do forcado que tuvo cuenta do carallo, con un 46% dos votos. Segunda quedou cajo no mundo, cajo na tos, con un 26%. A hachuela e a la da ovella quedaron con un 13%. O barrio do pikolín sempre en cabeza!
A nova encuesta ten moito que ver co nombre que deberían de ter as calles, que pra eso as asfaltaron. E como non, deberíamos de empezar pola principal vía de acceso a Doncos. Creo que o nombre que ten ahora "a pista", non é apropiado nin digno dunha sociedad impregnada polo século XXI. E como xa houbo alguén que bautizou a plaza do grelo á que está enfrente do palacio (supoño que o grelo será o castiñeiro), pois entón habería que decidir cal será o nombre de ahí hasta o túnel.
Baraxáronse varias opciois, e, salvo mellor proposición, estas foron as que quedaron. A primeira que se descartou foi a de Paseo marítimo, máis que nada porque o río queda algo lejos.
Hala, a practicar pra maio.

2007-01-01

estades logo ehí?


Como se moven que salero,coño acabome de lembrar," hai salero, salero,salero, con el piiiiiiiiiiiiiiiiii se gana dinero.Tamen sei outra "Pre patacas....ja je ji jo ju"

quen eeeeeeeeee?

2006-12-28

Anuncio de fusión

Pois si señor. Despois de dúas horas de conversas telefónicas temos a ben anunciar a fusión das dúas mellores páxinas web do noso pueblo: Doncos.com e o blog (ou sea, esta). A partir de fin de ano compartirase o mesmo servidor e en proximas negociacións xa veremos cal delas queda como principal. Polo tanto, para o ano que ven, a través da mesma dirección accederase indistintamente a cada unha delas.
Outro dos puntos que se tratou foi a creación de unha empresa de xestión das páxinas (máis que nada para que todo sexa legal, e así poder pedirlle a SGAE dereitos de autor). E para poder levar a cabo este esforzo decidimos poñer unha cuota de suscripción de 50 € ano. Esta cuota dará dereito a navegar libremente por todas as seccións das novas páxinas. Para poder levala a cabo poñeremos á vosa disposición dous medios: ben domiciliación bancaria ou ben dandonolos cartos a cada un de nos e despois xa vos remitimos a clave de acceso via email.
Seguiremos informando.
A primeira ciberempresa de Doncos xa naceu. A opa de Endesa vai ser broma o lado de esto.




A verdá é que cos vosos comentarios conseguistes que nos "emocionaramos". Empezamos a chorar xusto cando lemos o primeiro e ainda ahora cai algunha lagrimiña de vez en cuando, pero lamentamos informar que a SGAE non quere pagar dereitos de autor e, polo tanto, non vai haber fusión. Cachiiiiisssss.
De todas formas santa rita, rita, o ofrecido hai que pagalo :)

Ahora en serio: quedei sorprendido do voso ofrecemento para colaborar. Con amigos coma vos da ganas de seguir facendo esta páxina.
Bicos castos e puros para todos.

2006-12-26

Xa é martes, gracias a dios!

Xa pasou noiteboa e a navidade. Si chega a durar outra media hora máis acabamos co corpo. 3 grados baixo cero nas dequintas e a xente en mangas de camisa dándolle patadas á estufa ás cinco da mañá. Non se acorda outro tal no pueblo.
A noite empezou pola tarde. Que si altavoz por aquí, que si mesa pro outro lado, que si poñemos música ambiente hasta pandelo (ou eso decía suso). A cuestión é que pola tarde estuveron ambientando os peces, os pampanitos, a burra que iba para belén e as campanas, amén de outras panxoliñas varias. Despois viño vai, cerveza ven, cena en familia e as 12 inaugurouse o baile (inda que o pareza non era o baile de san Vitor).
Ainda non se enchera o primeiro vaso xa apareceron os gaiteiros e o maestro de ceremonias, que esta vez tocoulle a suso. Reunión de urgencia en corrillo e decisión a tomar. Seguimos o refrán: "gaiteiro pago nunca ben tocou"; entonces hoxe estes non cobran. Tocaron de maravilla.
E xa ben entrada a noite fixo acto de presencia o karaoke e a música enlatada. A verdá é que o cursillo de baile que se puxo nesta páxina foi ben aproveitado. Bailouse na punta dos pes. Que harmonía, que vuelos, ese agarre pola cintura seguindo os acordes do valse. Daban ganas de chorar... ca emoción.
A sección de cante inaugurouse co himno oficial desta páxina: La de la mochila azul, de Pedrito Fernández. Qué sentimiento! Como se botaba de menos á rapaza! O sonido salíalles ós cantores de moito máis abaixo do peito!
E entre canción e canción un baile e unha chiquita. Por certo, o Tullamore non chegou, e eu non fun o que o bebín, solo.
O fin agradecerlle a María e Cristina polo curro que fixeron, e a Sergio polo montaje e desmontaje do chiringuito.
PAZ.

2006-12-21

a preparala gorxa


Xa dixemos que o baile é importante e que a vestimenta hai que tela en conta, pero non nos podemos esquencer que hai algunhas favorecidas voces (unhas mais que outras) dispostas a entonar en calquera momento o amplio repertorio que vai desde o "arenal de sevilla" ata "las puntas de mi tejado" pasando polo "a tumari mari vento" do maestro veiga.

Nin que dicir ten que a exibicion e sempre totalmente gratuita e sin outro afan co de mollar a palleta.

A precisa entonación, o inigualable ritmo, o saber estar no "escenario", fan destes artistas exemplares únicos e inigualables.
(calquera parecido ca realidade e pura coincidencia)

A Dirección Xeral de Espectáculos de Doncos informa:

Que se procedeu á compra de bebestibles para o día de autos, a razón das seguintes cantidades:
  • Beefeather...........1
  • Bacardí...............1
  • Brugal................1
  • Cacique..............2
  • Arehucas............4
  • Absolut...............1
  • Tullamore..........2
  • Eristoff Black......1
  • Heineken...........12
  • Estrella..............6
  • Tonica...............10 litros
  • Kas Limon...........8 litros
  • Kas Naranja.......8 litros
  • Coca-cola...........16 litros
  • Auga.................5 litros
Si alguén ve que falta algo que non diga nada e que o leve da casa :)
Esta dirección xeral prohibe expresamente beber a morro das botellas. Será considerada falta moi grave a rotura dalgunha delas mentras conteña algo de líquido no seu interior.
O descoñecemento da lei non exime do seu cumplimento.
Estos productos pueden producir somnolencia. No conduzca ni maneje maquinaria pesada bajo sus efectos. Mantenganse fuera del alcance de los niños.