2008-12-29

Fin de Ano

Día 31 de Decembro do 2008. A partir das 12 da noite, despois de atragantarse cas uvas cada un na súa casa, estades todos invitados ó gran cotillón de fin de ano nas novas intalacións da casa de maría.
Aviso: esta vez non fai falta que traigades navalla, porque non haberá chicho.
Feliz ano.

20 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Non quedamos que era o bar de vitor?
En todo caso, ¿non será o bar de clarita?

Eu dijo...

Sexa de quen sexa, eu non penso ir. Comigo non van ir arriba ese tipo de negocios, e non polo negocio en si, polo negociante(s). Moita sorte, pero non vai durar.
Feliz Ano a case todos!

Anónimo dijo...

¿E qué terá que ver o cotillón de fin de ano ca guerra de Crimea?

ben feito por moitos dijo...

Pois mira que pena que non che poida ver, sr. eu...
Que Doncos conte, para uso e disfrute dos seus veciños e visitantes, desde o fin de ano cunha cantina, bar, taberna ou o que sexa é unha sorte que non poden ter todos os pueblos ou aldeas. Haberá que agradecelo a todos: a quenes puxeron os cartos, a quenes puxeron o esforzo e a quenes puxeron o interese para que fora realidade.Outra cousa é que alguén teña zuna a alguén e, isto, impídelle ver máis aló da punta do seu nariz.
Biquiños.

Anónimo dijo...

Nunca estaremos todos dacordo, é "a lei galega de vida".
Minifundismo mental e material, hai mais de 300 aldeas o rededor que non posúen nin cantina nin nada parecido, lévea que a leve, haberá que darlle o noso apoio, xa que tódos podemos sacarlle proveito, e podemos xuntarnos na taberna mellor que nos enterros.

Anónimo dijo...

Eu paseino pipa no cotillón do fin de ano. Grazas os organizadores, bon ambiente, boa música, unha calidade extraordinaria na bebora. Que mais se pode pedir para un pobo que ata fai dous dias non tiñan donde xuntarde os seus veciños. Vivan as boas ideas e as xentes enprendedoras, e tamén o apalpabarrigas.

Anónimo dijo...

Onde xuntarse si que había, o que pasa é que a algúns pareceulles máis importante amañar unha casa particular que amañar os locais públicos que xa tiñamos, e que sería unha inversión para todos, non só para un.

a fada apalpadora dijo...

Home!!!, nesto si coincido co anónim@ precedente. Local podía haber en Doncos: Escola, vello teleclub ou calquera outra solución. O problema sempre foi que o tirador nunca quixo facer nada por Doncos e outros lle rían as gracias. (E lambíanlle o...)
Agora hai local e 3 hurras por el.
En canto poida cólgovos as instantáneas do 31. Estamos tod@s tan guap@s...( A primeira hora, naturally...)

Anónimo dijo...

Bueno amañar unha cantina nun pobo está ben,pro non creo que se poida soster con enterros,cabo de anos e pouco mais,esperemos o resultado o tempo pasa moi rapido,hoxe en dia sabese todo e a verdade cando chega fai dano.

Anónimo dijo...

O do comentario anterior habería que poñelo en unha placa de bronce, porque o problema está en que, sendo un razonamento totalmente certo, a ceguera de algúns, e o interese de outros (Tan só hai que ver a nova tele do bar) fixeron que agora teñamos un lugar de todos caendo, e un lugar privado no que mañá nos pechan a porta, cos cartos gastados dentro. Se polo menos todo estuvera legal...

Anónimo dijo...

Jodidos personajes, nin que vos pediran a vos cartos para arranxalo.
Eu son un veciño e amín naide me pediu un peso.

Anónimo dijo...

A ti naide te pediu un peso, pero parte dos que ti pagas como impostos foron para a subvención que se pediu, quixeras ou non dalos, sen pedirte opinion.

O de antes dijo...

Os meus impostos prefiro con invirtan en Doncos en unha cousa medio común, que na Urogayada de Noceda, que non é nada común.

O apalpabaixos dijo...

Pos eu estou moi moi ledo que cos meus impostos, poñan un lugar decente donde estar, e que os restos que teña que pagar o faga cando consuma, non como outras cousas que pago e que nunca desfruto, e que son para os de sempre, e das que nunca rematas ca hipoteca donde nos meteron .
Cada un que pense en calquera dos múltiples exemplos, estatais, a nivel de Galiza, ou de As Nogais, xa que de Doncos non hai exemplos.

O tieso dijo...

Amín si me deixaran destinar parte dos meus impostos, dirixiríaos hacia o Corgo. Téñome alibiado moito nese pobo e pasado moitos momentos de lujuría e frenesí.
Invertir nunha taberna, eso non da un peso.
Hai meu Corgo querido!

jesucristo de nogales dijo...

Vale machote, o corgo e a mellor inversion o ganado vale,senon que lle pregunten a susin de diaz,co que a li leva invertido,ordeñan as duas maous seica,non faí falla tomar pastillas para o colesterolo que receita don juan.
viva o corgo e as súas ordeñadoiras.

O MESIAS DE NOGALES dijo...

Por voltas que se lle de as cousas eú coido que en Nogales faí falla unha renovación total dos politicos,dado que son todos dunha época pasada,(etapa negra dende logo)xente boa,con ideas claras para tirar para diante,facer cousas dado que os actuais dan noxo,estamos na mesma,tirador con maioria e sen ela segue violando os dereitos das xentes,termos que o pobo tomar medidas coma cos franceses,senon estaremos invadidos de por vida.

Que pesadez dijo...

Bla bla bla. Sempre o mesmo rollo e o final os votos para os mesmos.

Un calquera dijo...

Din de deixar novas xeneracións para un governo local. Mirade a que liastes cando se presentou un novo candidato con un partido cheo de novas ideas. Tivo casi que pedir asilo politico na coruña.
A cousa terá que seguir como sempre, teremos a esperanza de que algun dia se xubilen.

Anónimo dijo...

O meu pra o nocedas. Nunca falla aos amigos. Contrato na brigada sempre que llo pedin.Nas proximas dicen que irá por libre.Sin contar co partido.Ten forza para iso e para mais.