2008-07-11

Doncos en festas... festas en Doncos



En Doncos somos así de cabezós. Que o Corte Inglés dice que o 25 é Navidá... pois non. O 25 é o Santiago. Saberán moito de vender cousas, pero de festas non teñen nin idea.
Xa están os carteles postos, os chigres apalabrados, a luz contratada como tódolos anos, Suso trouxo as banderas, os tableiros pro palco encargados, a gadaña afilada, a pólvora ben seca, e a avioneta co nitrato de plata pre espantalas nubes alquilada. Hasta a Pepín lle pasou o susto que colleu cando oiu falar algo de un castiñeiro. Tranki, o teu sigue no seu sitio.
O que sería de agradecer é que alguén lle fixera unha espada de madeira a Santi pra procesión, que sempre ten que salir con un garabullo...
Por certo, este ano recoméndase atalos cais, que dicen que a pólvora é da boa.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Santi, ¿Que Santi? Ese cambiou de Autonomia. Agora celebra o día dos Comuneros.
O amor, O amor, ese fai cambiar ata de religión. Que D. Felix lle perdone

Anónimo dijo...

Na festa de mouros e cristians de Guardamar en Alacante, o Santi en vez de espada mata os mouros ca cruz.

Anónimo dijo...

O da gadaña afiada non o pillo.¿Podédesme ilustrar?

Anónimo dijo...

A gadaña afilada úsase maiormente pre gadañar e, no seu defecto, limpiar o campo de herbas malas, toxos e meldrachos, non vaia ser que te entorcilles cunha mata cando esteas bailando.
Ay señor, e ahora preguntará o que son as aveacas...

Anónimo dijo...

Acercase a xornada festiva e xa comeza o alboroto e as ganas de festa. Preparade unhas zapatillas novas para bailar e ir a misa e sacar o Apostol. Temos moita polvor e ganas de pasalo ben asi que este ano a desfrutar do Santiago. Felices festas.

Anónimo dijo...

¿Cando ides poñer ao Santiago no campo para que vexa como meten tullamore os seus feligreses? Quedaría abraiado das moitas idas e voltas que fan aos chigres e das poucas que fan á súa casa. Pasmaríase, tamén, ao ver os folgos que poñen para cantar cando teñen un vaso na man e o silencio e a falta de ledicia que mostran cando quen ten a copa xunto a el é o crego. ¡Pillabáns...!

Anónimo dijo...

Me cajo no dono do ceo.