2008-03-10

Atención, Churrasco!!!!!


Reunidos ás tres e pico da mañá na sede oficial a Comisión Interdepartamental de Barrios de Doncos, cunha afluencia masiva de asociados, e na presencia das autoridades, debatíronse por orden do primeiro ó último os puntos do orden do día propostos.
1.- Rechazouse por amplia maioría a proposta de creación dunha autovía de circunvalación ó pueblo con rotondas intermitentes.
2.- Tamén se rechazou por maioría simple realizar unha suscripción gratuita para tódolos veciños ó PLAYBOY. Nesta parte Ramón dixo que él quería que constara na acta que estaba completamente a favor. Escrito queda.
3.- Rechazouse por maioría raspada o cambiar a auga da traida por whisky, máis que nada para que non sufriran os animales (os de catro patas).
4.- Aprobouse por unanimidade, excepto un que estaba evacuando a cerveza no servicio, a elaboración dunha festa jolgorrio a base de churrasco o día 19 de marzo a eso das 9 da noite no lugar de sempre para celebrar ben celebrado o santo de unhos cuantos. Neste punto Teolindo rosmou polo baixo algo en contra da santoral, polo que recibiu a amonestación verbal da presidenta.
ENTONCES, convócase ós señores socios a vir con navalla o 19 ás dequintas. Repetimos, si non hai navalla non hai chicho.
Finalizada a sesión seguiuse exaltando a amistá hasta que se pudo.

Informados quedades.
INFORMACIÓN E RESERVAS: non hai.

40 comentarios:

Anónimo dijo...

o churrasco pódeno vir comer os dos outros partidos ou só é para os que estamos afiliados o bng?si é asi chegaranos con baixar por un cuarto kilo a As Nogais.Que che parece xefe?

Anónimo dijo...

Joder!!!, esto xa non ten amaño... un sólo comentario, e "vuelta la burra al trigo"... vaia desgracia...

Anónimo dijo...

Eu xa non sei si cortarme as venas ou deixalas largas. O churrasco, ó igual cas patacas fritas, non ten ideoloxías. Como comprenderás a min dame igual que penses no antergo reino de galicia, na nena de rajoy ou que si o cocho antes de morrer podía ter orgasmos de 30 minutos, mentras procuras non esnavallarte ó cortar o chicho enriba do pan. Esto é unha FESTA, o San Gosé (non digo nada de san pepe ante a susceptibilidade do personal), e como tal teñen cabida nela todo tipo de personas e animales, independientemente de credo, relixión, raza, ideoloxía política, tendencia sexual, tendencia futbolera e demáis clasificacións que se podan establecer.

Eso sí: ven duchado.

espindedoncos dijo...

Eu pagarei a cea para todos: non soamente para eses 90 votantes que son fieis anos tras anos ( sempre son os mesmos) Envitaremos tamén a Rucho e a Ribao, porque desta vez imos bota-lo porco do maseiro que xa comeu dabondo. Arriba o novo goberno. Arriba o BNG!!!! e a toda a xente que nos quere ben!!!!

Anónimo dijo...

PROTESTO enérxicamente.
Podo pasar polo da circunvalación. Podo pasar polo do PLAYBOY.
PERO POLO DE CAMBIALA TRAIDA E SEGUIR CON AUGA NON. Non señor.
Onde se impugna esto?. Onde está a Comisión eleitoral?. Xa teño o meu equipo xurídico, Ladillao e o da Obregón, que non me acordo como llechaman, traballando en cómo preparalo pleito. Os do voto exterior, que non sei se o recontaron, pasamos polo Consulado, e non vimos papeletas do SI o cambio da auga polo whis. Isto si que é un PUCHERAZO. Todo manipulado. Unha vergoña¡¡¡


PD. O DO CHURRASCO, VALE (neso non protesto)

Anónimo dijo...

Ahí van instruccións: o da navalla é importante pero que alguén traia tamén unha pota, ou similar, para ir botando os chichos.(Creo que xa non hai voluntarios para ir pedir unha polas dequintas, visto os grafitis que se lle fan o cú da ola coas navallas.
Por outra banda o Sr. Presindente(TEO) reclama voluntarios para ir mercalo chicho o martes pola tarde.
O Sr Javier Fernández que baixe a proba do licor deste ano que xa se lle dará un chourizo ou dous, a cambio.
Ó Sr.Santiago Fernández que ninguén lle diga nada porque do tema do churrasco enteráse sempre.

Anónimo dijo...

A ver si alguén pode avisar a Sectore que traia unha carretilla de leña. Pro da parrilla dixo Javiere que xa a facía el cunhos recortes dunha alambrada.

Anónimo dijo...

Pois vai mandar carrallo, sr. Troula. O exercito de avogados que lle vai facer falta solo vai ser comparable ó de Napoleón cando invadiu Rusia. Eu poñoo en antecedentes: o do whisky parecía o máis apropiado porque leva algo de auga, anque sea de mazá. Non obstante os do arehucas tónica, arehucas limon, bacardí cola, bacardi limón, beefeater tónica, vodka limon, vodka naranja (según o día), cerveza, shandi, eristoff black, negrita cola, cacique cola, cacique redbull, barcelo sprite, cocacola sola e sobre todo o da cocacola de naranja... querían a súa correspondiente cuota na traida. Non é por nada, pero vin xaulas de grillos máis fáciles de contentar.
Vostede mismo.

Anónimo dijo...

Que pasa??
Non vos olvidedes de chamar a Marelo, ou non queredes que cene o can de espin.
je je je na última o mencionado perro non daba comido

TROULA dijo...

Pois o pleito imos..............
Así teña que vender uns coellos de idias que teño na casa, e as pitas da guinea. Pero tirar, tiro pra diante. Xa me dixo o abogado co tiñamos ganado e que lle adiantase 12.000 €. E que non mo coce o corpo¡¡¡¡
E logo non se podía baixar onde O Rucho comprar un repartidor?

PD. Insisto, o do churrasco moi bien, moi bien, moi bien. (sigo sin protestar).

Anónimo dijo...

O can de Espín ten todo o dereito os osos para eso sufre os ruidos dun barrio céntrico,os de valdesusán e os pedrouzos que coman parazas, a rascala e da-la murga por outeiro adiante

Anónimo dijo...

Cala ho, que o can de espín non come osos. Eran chichos ó whisky.

TROULA dijo...

Insisto. Había que comprarlle o Rucho UN REPARTIDOR, e así os do arehucas tónica, arehucas limon, bacardí cola, bacardi limón, beefeater tónica, vodka limon, vodka naranja (según o día), cerveza, shandi, eristoff black, negrita cola, cacique cola, cacique redbull, barcelo sprite, cocacola sola e sobre todo o da cocacola de naranja, non terían nada que dicir.
Que ledicia, mecaji no tren das tres¡¡¡¡

PD. O do churrasco moi bien. O do beefeater tónica...... MELLOR.

Anónimo dijo...

A ese TROULA tenemos que ponerlo de
BARMAN,anda que non entende de morapios, agora que tiene la pata jodida, dazle un toque a Elviriña que tiene mucho tiempo libre, no se vaya meter a catador de metílicos. Elvira
faille boa vida,pos tal e como "escribe" tes aFernandiño moi COLGADO
en el churrasco ya me contareis si me conocestes. Que te mellores da pata
Fortes en Toledo, no hay mas pistas

Anónimo dijo...

Consellos desde a Residencia: Nenos, sede sensatos. As festas vos son para disfrutar, pero ordenadamente. Non abusedes do tullamore, nen do red bull con cacique, nen desas porquerías das que falades.Coidádevos, meus pequenos.
O 19 nas Dequintas haberá churrasco. ¿E non vos sería mellor rezar un rosario que mazar no estómago coas béboras esas tan prexudiciais e malsáns?
Só teño un desexo: Que non vos manquedes.Nen cos coitelos nen coas navallas. Menos aínda co lume. Precaución,moita precaución, que Clara ten a leña debaixo do corredor e as muxicas lévaas o demo onde máis estrago poden facer.Papade con sentidiño, que a gula é outro dos pecados grandes ainda que gustoso.
E mantede, en tanto poidades, a templanza e o dominio nos baixos instintos. Ben se sabe que nestes aquelarres os vicios agroman e,sendo os vicios sempre pracenteiros,son malos de poñer freo.
Festa sí, e alegría tamén. Pero quitádevos unha foto ao chegar e outra ao marchar. E comparade varios días despois, cando (hora era) estedes calmos e acougados.Será a demostración do que queima e avellenta ese metílico de garrafa que tragades como sumidoiros.¡Un pouco de sentidiño, por favor!
Vos deixo...que non quero pecar de vella pesada.
Un bico, pequenos, e rezade algo por min,que non me atopo demasiado ben estes días. Cousas da primavera. E que levo xa tantas enriba...

TROULA dijo...

Jelouuuuuuu.
O do barman, ok (por unha módica cantidade e barra libre).
O de meterme catador de metílicos............. está en fase de estudio. Iremos informando.
O de estar "MOI COLGADO": Evidentemente, SI (xa vedes co poño en maiúsculas), folga calquer outro comentario sobre o particular.
A pata chula?, progresa adecuadamente. Moi agradecido polas múltiples mostras de interés (páganse en trigo para agosto, ou con cheques do Banco do Parque). Informaremos da evolución puntualmente.
Moito que facer?. Nadiña de nada. Que aburrimento¡¡¡¡¡
En canto a Toledo............ a Fortes en Toledo¡¡¡¡¡. Estou totalmente descolocado. Nin idea, polo que, como din os parapsicólogos...... "MANIFIÉSTATE".

PD. Sábese algo do repartidor prara a traida?

Anónimo dijo...

Oiche ho! Oiche ho! O de repartidor, carallo, que si vos fai falta un von eu, que mira que ben o fixen cos paquetes carta. Solo me tedes que decir como se chama, donde vive, como se vai e o color das cancelas e lévolle eu a botella. Despois xa a mezclará el ca auga.
A ser posible gostaríame empezar por un barrio dunha casa sola, máis que nada pra ir facéndome co choio.
A ver si alguén me pode poñer en contacto co zuzo que dixo que quería o de apalpabarrigas e a ter el listas e planos do pueblo.

Anónimo dijo...

Lo que haga falta. Zi querez planoz do coto, daz virtaz, do carballal ou de candedo... como la palma de mi mano. Non hai moitaz cazaz pero podez practicar caz rapozaz. Mandame un correo e remitochoz a volta. O meu e zuzo@arenazybobadillaz.com
O de arenazybobadillaz con eze de zezo.

Anónimo dijo...

Somos dos chicas y un chico de Hontoria en Cuenca. Hace tres semanas que hemos entrado casualmente en este blog y nos gusta. Parece que teneis mucha marcha. Como vamos para Coruña pensábamos detenernos en Doncos el día del churrasco, para conoceros.¿Podemos hacerlo? Somos algo frikis paro creo que podemos conocernos. Sobre el churrasco que hablais pondríamos para pagar la parte que nos toque. Esperamos ser aceptados,conocernos y pasarlo bien. Ya os invitaremos a venir por Cuenca. Esperamos contestación. Hasta el 19, que esperamos estar ahi.

Anónimo dijo...

O Ministerio de Asuntos Exteriores chama a reunión urxente a tódolos membros da Comisión Intederpartamental. Como non hai cartos para o burofax, nin para o correo, case nin para o teléfono, sirva este medio para a citación.
Preséntasenos unha nova situación. Tratase dun asunto de vital importancia para o futuro, polo que só determinados membros, xente moi leida, viaxada, e gran experiencia nas relacións internacionais poderán votar. O caso que nos ocupa é: Tres simpáticos "extranxeiros" piden autorización para facernos unha "visita oficial". Chamado a consultas o noso Embaixador en Cuenca, o parecer non son peligrosos nin sospeitosos. "Xente de bon comer e mellor BEBER", palabras textuais.
Deberanse ter en consideración as seguintes variables a hora de tomala decisión. Posibilidade de que veñan como espías ( localización de horreos , despesas, adegas, a qué hora xa non estamos operativos pola bébora, etc). A defensa dos intereses de Doncos en Cuenca (esta variable logo se estuda). Posibilidade de que nos deixen, despois da visita, abrir unha base militar por Cuenca. Posibilidade de que coman e beban como lobos ........ e de que aparezan resacosos, ou en coma etílico, o dia seguinte tirados en calquer camiño ( explicacións a Guardia Civil, etc).
Por todo isto, poderán asistir tódolos membros con voz.
Con voz e con voto:
A Presidenta da Comisión, Sra. Dona Ana R.
O Ministro de Información, Sr. Don Pepe E.
O Ministro de Novas Tecnoloxías, Sr. D. José Luis Fi.
O Ministro de Defensa, Sr. Don Teo M. (a idea de recibilos a cañonazos, habería que estudala un pouco máis).
O Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación (non, pesca non, so agricultura e alimentación. Sobre todo alimentación) Sr. Don Juan R.
O Ministro de Transportes, e Secratario Xeral da Industria Lactea, Sr. Don Santiago P.
O Ministro de Enerxía, e Secretario Xeral do Xogo, Sr. Don Javier P.
O Ministro do Interior, e Secretario Xeral de Tráfico, Sr. Don José Manuel M.
O Ministro de Industria, Sr. D. Carlos R.
Tódolos votos deberán estar publicados neste blog, ou no seu defecto, na primeira páxina do New York Times e o Pravda, antes das 12:00 h do día 18/03/08.
Asinado:
Ministerio de Asuntos Exteriores.

Anónimo dijo...

Establecido o contacto na terceira fase con habitantes do espacio exterior da irreductible aldea gala...ica o Ministerio de Novas Tecnoloxías informa: que o Ministro de Información e o Ministro de Defensa están na pampa.
Desde este ministerio, e visto que o servicio de espionaxe está por crear, accedeuse o rexistro de entradas e comentarios e chegouse as seguintes conclusións:
1.- Que a entrada máis cercana que hai a Cuenca é de Portugalete.
2.- Que si o 19 aparecen tres de Cuenca en Doncos van ser de cuenca, si, pero da cuenca do Navia.
3.- Que Hontoria pode estar en Burgos, Palencia, Asturias ou Segovia.
Desde este ministerio ínstase a que se representen o manifiesten pertinentemente. En caso de que o ministerio estea equivocado prégase que veñan con navalla.

Anónimo dijo...

Que se me olvidou de informar o Ministerio de Alimentación que en Hontoria de Cerrato cómese un lechazo de puta madre.

Anónimo dijo...

Pois xa postos a repartir carteiras ministeriales e secretarias xelares propóñense os seguintes nombramientos:
Ministerio de Fomento: Souto
Ministerio da Xuventude: Elvira S.
Ministerio de Turismo (traballa nun hotel): Suso M.
Ministerio de Transportes: Pepin P.
Portavoz da Presidencia: Zuzo
Secretario Xeral de Relacións cas Cortes: Carlón

Anónimo dijo...

Que sí! Que somos de Hontoria en Cuenca.Que Cuenca existe aunque es dificil verla en la tele y en los mapas. Bueno él es de la capital pero nacido en nuesro mismo pueblo. Hontoria está en la carretera de Madrid a Valencia.Esto lo decimos para aquellos que no nos creen. Y la pregunta es ¿Podemos acudir o no? Vamos a La Coruña por conocer la ciudad y tocar el mar. En nuestro camino podemos conocernos si os parece.Pensamos que tendreis más ambiente que en la semana Santa de aquí.Ambiente güai.Muchos saludos desde el interior peninsular.

Anónimo dijo...

Ministerio de Sanidade: Ilma. Sra. Dona Pura M.
Secretario de Estado de Seguridade, e Director Xeral do CESIDD (Centro Superior de Información para a Defensa de Doncos, espias es similares), Ilmo. Sr. Don Fernando C.

Anónimo dijo...

Directora Xeral de Correos e Telégrafos, Ilma. Sra Dona Mery M.
Director Xeral de Distribución da Enerxía, Ilmo. Sr. Don Isaac V.
Presidente, e Conselleiro Delegado de RED (Rede Eléctrica de Doncos) Ilmo Sr. D. Manuel C.
Xefe do Estado Maior para a Defensa, Ilmo Sr. Don Ricardo C.
Secretario de Estado de Camiños, Canles e Portos, Ilmo Sr. Don Toni M.
Ministrio de Educación. NON TEMOS CANDIDATO/A.

Anónimo dijo...

con tantos asuntos de exteriores e interiores no se yo a donde vais llegar parrulos

Anónimo dijo...

Cooooorrecto. Como presidente de esta nuestra comunidad daremos la bienvenida a todas aquellas personas de Cuenca o similares que tengan a bien visitarnos en estas entrañables fechas.

Anónimo dijo...

Vaia pila de coches oficiales que ten que haber neste pueblo.

Anónimo dijo...

O Sr. de tres entradas máis arriba, síntese ofendido?
Chámanos "parrulos".
Si ferímola sua sensibilidade cultural, non nos quedará máis que disculparnos.........
Non sabía eu que tiñamos lectores tan serios por aquí. Celebrámolo moitísimo. Unha grandísima ledicia ser visitados por xente como vostede, e sobre todo unha gran honra. Cecais lle faga mal ler tonterías de xente pouco instruida, e precise unha lectura de máis calado e profundidade. Veiselle a leguas que e vostede fan de Sánchez Dragó, e que vei Parlamento os sábados pola maña. Permítame recomendarlle calquera dos clásicos, o "Ulises" o mellor está a sua altra intelectual. Se non lle agrada, pode probar cun ensaio sobre Teoloxía, ou "La Razón Pura", seguro que serán do seu agrado.
En calquera caso, unha persoa da sua categoría, estou seguro de que se decatará de que, cando lle chama "parrulo" a alguén, o mínimo que se espera de vostede e que non asine como ANÓNIMO.
Pero o mellor de todo, sen dúbida, e que a sua opinión, impórtanos tanto, como nos importa vostede. En linguaxe matemática, representaríase asi:
(A SUA OPINIÓN = VOSTEDE = 0)

Anónimo dijo...

Coches oficiales non hay.
Hay, eso si, TRACTORES oficiales.
John Deere 7030 limusina é o máis abundante. Tamén hay Massey Ferguson Gran Lux. Para recoller as visitas no aeroporto empréganse os New Holland Exclusive e, para servizos menores os Case GTI, e os Renault Executive.
Pódense visitar no Parque Movil.
Todos en propiedade, nada de Renting.

Anónimo dijo...

Os de Cuenca que veñan. Se despois non poden marchar que queden no Palacio con D Pablo, ó fin aínda han ser medio veciños.........
O que é unha mágoa é que non teñades a ninguén para o ministerio de educación, que é unha cousa que fai moita faltiña. E o das listas paritarias, a ver se se aplica, que vexo moito ministro e pouca ministra...
Ala! Que vos vaian dando..... (e se son cartos repartide)

Anónimo dijo...

O Ministro de Educacion
ten que ser Mesie Cardon

Anónimo dijo...

Personal de Cuenca al teclado. ¿A que hora se recomienda estar? Pensamos encender el coche a las 5 de la tarde de mañana día 19,pero desconocemos exactamente el tiempo que nos llevará hasta vuestro pueblo de DONCOS.Llevaremos guia michelín para no pasar de largo.Tembién las navajas y algo de vino de la tierra para compartir.Tenemos ganas de llegar y conoceros.

Anónimo dijo...

Indicaciones para llegar.
http://picasaweb.google.es/fiddon/Donkos/photo?authkey=tafWoeS_EdE#5179129065077464722
En este mapa se indica la localización del churrasco.

Llegada a Piedrafita, sigue recto 10 km, salida 438 A6 dirección Doncos, ojo curvaaaa. Stop. Tomamos NVI dirección Doncos, seguimos recto 1,5 km. Frenando. Ojo tunel a la derecha. Encendemos luces, tomamos túnel. Ojo curva a izquierda para 2ª, curva a la derecha, recta corta, curva derecha, recta larga, Palacio enfrente. Situación actual: plaza do grelo.
Dejamos árbol a la izquierda y seguimos muralla del palacio durante 200 metros. Cruce de caminos. Tomamos camino de la izquierda y la primera a la izquierda otra vez. Ojo barro en la calzada, olor a churrasco, música de fondo y ARRAAAAAAAAAASSSSS.

Distancia Madrid - Doncos en tiempo : 4 horas, todo autovía.

Anónimo dijo...

http://picasaweb.google.es/
fiddon/Donkos/
photo?authkey=tafWoeS_
EdE#5179129065077464722

No ha salido bien el link antes. Todo esto va junto. ARRASSS.

Anónimo dijo...

FALOU ALGUÉN CON D. PABLO PARA QUE PREPARE TRES CAMAS MÁIS PARA ESTA NOITE?

Anónimo dijo...

¿Será posible instalar una tienda de campaña de 4 plazas en vuestro DONCOS? ¿Hay algún Hotel o pensión? Siempre será mejor estar bajo techo que dentro de la Transit.
Nos vemos esta noche si todo va como queremos.Gracias por las informaciones para llegar.Cuando hay ilusión siempre se hace largo el tiempo.Saludos aigos

Anónimo dijo...

Que machorros los de Doncos y visbarra, nos dejaron desfeitiñas de todo, de comer y beber nos dieron a llenar, pero luego........ cuando non mandaron que non pusieramos mirando para nuestros origenes, jodidos como cargan y como aguentan del liquido en sí. Volveremos

Anónimo dijo...

Y muchas gracias por vuestro trato, vuestro encanto y vuestra atención.
El mar de A Coruña muy revuelto, casi tanto como la lengua de alguno en la taberna de Doncos.
Besos y hasta que os acerqueis a Cuenca.Llamadnos cuando deseeis,ahora que conoceis nuestros teléfonos.