2007-12-09

Bo Nadal - Postal



Ola ola!

Coincidindo cos 16 días que restan para o nadal, facendo caso ao fabulosisimo contador gratuito que ten este blog, aproveito para colgar a postal que puxen fai un ano redondo no foro da web de Doncos. Por certo que a ese foro quédanlle horas, que vaia nido de Spam!. O libro de visitas sigue existindo.

Pois iso, bó nadal, felices festas, uvas e demáis inventos. Temos 16 días para desexalo...

22 comentarios:

Anónimo dijo...

Gracias majete. Igualmente
Haberá que preparar algo para o fin de ano no Café de Vitor. Tuo canso de comer as uvas cas campás de Madrí e co mono ese do gran prix

Anónimo dijo...

Veña veña fiesta fiesta. Es una penita que no caigan los blancos copos, no me mola comer el turrón blando con tanto calor, se me desfai en las manos y me pone perdidiña.

Anónimo dijo...

VIVA O CONTADOR DESTE BLOG!!!!

Anónimo dijo...

Bueno, bueno, bueno...que maravilla!! ni la piramide de Giza, ni la sagrada familia, ni la alhambra... la iglesia de este pueblo como una de las 7 maravillas del mundo...

Anónimo dijo...

Iglesia bonita é a nosa de Noceda, sita no pueblo e no lugar máis bonito do mundo. A pena é que o noso pueblo de Noceda sexa tan sollío que non vemos nunca a neve e sí aos turistas que veñen por aquí preguntando polos ancares.Se queredes fotos ou postais boas só tedes que vir por aquí e compralas.É unha sorte vivir no pueblo máis chachi da provincia.Si a iglesia de Doncos é a 7ª maravilla a de Noceda a 6ª. E que non se enfade naide.

o moreno dijo...

Para iglesia non sein pero para cura, si que é verdade, como o de Noceda non hai, xa que aparte de impartir misa en Noceda, é o responsable eclesiástico de Sta. Mª do Cebreiro, e o que mais lle da renome é, dar a misa na igresia de Santiago de Doncos, como non podría ser doutra maneira.

Anónimo dijo...

permitame el atrevimiento pero,aunque desconozco esa "iglesia tan sollia", aseguro que no es facil superar el encanto del templo de doncos..

Anónimo dijo...

E a parte de bonita acolledora, que leva o cristo douscentos anos clavado na cruz e aínda naide o oiu queixarse.

Anónimo dijo...

É un cristo moi silencioso pero move os ollos cando vei algún pecador dentro do templo.Quen tamén move os ollos ( e a cabeza) é che o crego que misa en Doncos cando vei que os cepillos da igrexa teñen moita calderilla e ningún billete.Amén.

Anónimo dijo...

A todo esto, para o día 21 podiasdesme vir axudar a matar o porco, o marón.
O jodido pasa dos 400 kilos.

Anónimo dijo...

Ai, queridin, non contes comigo ese día.Teño cita co médico. O réuma mátame no inverno.

Anónimo dijo...

PARA A REUMA NON LLE HAI COMA UN VIÑO NO CARLOS

Anónimo dijo...

¿E poñen un pinchito para baixar o viño? Un pincho de alcachofa, de cogumelo, de ensaladilla ou de cacauete sería ideal. É que os picantes, os chichos e o porco quitoumos vostede, doutor.

Anónimo dijo...

Eu prefiero ir tomalo donde Manolita, inda que non me poña pincho. Verlle aquelas maravillas no peito, parece que xa me pasaron todos os males.
Quen poidera.................

Anónimo dijo...

Se fixerais o que vos teño mandado estariais agora rectos como xuncos e fortes coma buxos.Pero non sodes constantes na aplicación dos ungüentos,nen na toma das pocións e tedes que andar a correr polas tabernas á procura de ver algo que alegre os ollos e desperte os apetitos.Que como Silvino hai moitos outros e outras...seino eu ben.

Anónimo dijo...

Jolines chico, o sectore do bar estabos moi complicado,

Anónimo dijo...

Queridiños, oín decir que o 24 de navidad imos ter unha cea de noiteboa das de recordar. E postres e doces a esgalla. E turrón do blando...que xa estamos máis para chupar que para roer. Aquí pensamos que é un acordo que tomaron o responsable do concello e ese rapaz que agora está de xefe nese partido novo.O rapaz non vos sei como se chama, pero dicen que se apelida Tega. As veces, déixanse ver por aquí, sempre con algún agasallo para este feixe de vellas e vellos internos. Desde as aleccións pasaron xa unhas 5 ou veces. Veñen xuntos e interésanse por todos. Unhas xoias eles e unhas afortunadas nós. ¡Qué ben fixeron co acordo de coalición municipal! Só temos que abrir a boca e xa están tomando nota de todo: máis calefación, mellor xantar,cine cada tarde de sábado, vermouth os domingos, excursións cada 15 días...¡Ai, queridiños! Que ben vivimos. Non hai mellor Residencia da 3ª idade na provincia. Todo son melloras en As Nogais desde que traballan xuntos no concello. Un consello: Que ninguén pense en solicitar plaza noutra residencia. Vide para aquí cando vos chegue o momento. Todo vos é atención e coidados...¡Ah! E o día 28 deste mes unha cesta de navidad para cada interna. Eso prometeron na última visita ao centro. Dixeron que ata con licores...Perigo, perigo, non haberá que agora xa non conduzo. Unicamente que non atope a miña cama e vaia deitarme na doutro...Ai, qué cousas digo, queridiños...Non quero esquecer o meu agradecemento aos dous políticos nomeados.E brindarei por eles co champán da cesta.
Ale, que vou sentar a carón da árbore de navidad que trouxo o concellal de Asuntos Sociais e mirar as súas luceciñas.
Feliz Nadal e vide visitarnos. Preguntade o horario de visitas no concello e, se non están moi ocupados, ata os acompañarán ata aquí.

Anónimo dijo...

Foda a quen foda o pueblo máis bonito é o noso. NOCEDA sempre e punto.

Anónimo dijo...

Publica o concello de As Nogais unhas bases para un premio literario de Relato Corto co motivo de nadal e, agora, como ninguén sabe quen é o concelleiro de cultura pois ando ás voltas co traballo feito.
¿Alguén sabe o nome do-a responsable desta área neste concello, líder en todo según dicen os xornais?Preocupados no concello pola cultura e, despois, ninguén recolle os traballos. ¿E qué farán co importe do Premio? Non mo digades...

Anónimo dijo...

Non che sei quen recolle os traballos pero dicen que o xurado o forman as dúas mallores lumbreras do lugar: O xefe Psoe e o xefe Tega. Con este xurado a calidade do premio está garantida. O presidente deste xurado, ben recordaremos,foi un experimentado autor de obras publicadas con fondos públicos do plan Leader.Gracias a estas publicacións, entre outras cousas, este concello ten agora a vitalidade que ten e un futuro cheo de optimismo.

Anónimo dijo...

¿Escribía o alcalde ou tiña "un negro" (con perdón)con carné de periodista? A resposta vai no vento e nos cartos do leader. A roelo, veciños.

Anónimo dijo...

A igrexa mais bonita (capela) está no castro de Villaesteba,que espera contar algún día con romaría para todos e todas. Teremos que falar con Anxo haber cando se pon a elo.