
Pois, segundo parece, non temos moita idea de quen é a Torre. Manda truco............. Iso danos unha idea de quen somos, en que pais vivimos, e de quen son os que eleximos para gobernarnos e administrar os intereses comúns. Fai uns días falaba cun amigo que regresou fai pouco da Bretaña (Francia). Viña cabreado. Viaxa moito e di que canto máis sae fora, máis aprecia o noso,e máis apenado está polo mal co aproveitamos. Segundo me conta é un pais bastante parecido o noso, é verde, chove, hai moitas vacas, sementan millo, hai pinos e teñen mar. As semellanzas, o parecer, rematan neste punto. Centos de pobos, sen nada en especial, catro casas, un colexo, unha farmacia, unha crepería e unha igrexa, aparecen nas nas guias de viaxe como "pobo con encanto especial". Teñen unha agricultura moderna e, por riba, énchense de turistas de venres a domingo e tres meses no verán, ainda que por aparcar nunha esplanada do centro do pobo che cobren 5 €/hora. Iso si, sabense vender. A igrexa pode ser de fai cen anos, pero poranlle un letreiriño fora explicando quen a construiu, quen donou os cartos para facela e ata quen foi o primeiro crego. O redor da igrexa que, insisto, o mellor non ten nada especial, abren duas tendas de venda de camisetas e postais, un restaurante que pola calidade da comida, non lle chegará a Vilacol a suela do zapato, e unha oficina de información turística. Tampouco se lles ocorre, o parecer, facer un edificio de 5 ou 6 alturas a carón dun castro (se o teñen), nin cubrir as casas con chapas de aluminio, nin fan establos o pe das coidadas casiñas (pintorescas pon nas guias de viaxe) que teñen.
Qué farían cunha torre medieval, casas blasonadas, un pazo, muiños, os Ancares moi perto, un rio..................?
O tema.......... Xa que ninguén, parece, e dono da Torre (se estivese ben arranxadiña............), o mellor aparece alguén que reclame o "señorío" do pobo. Para todos os interesados en convertirse en Señor de Doncos, deixovos unha axuda. ¿Quén sabe?

Os bretóns tamén son celtas como nos, pero no son galegos, algo que nos diferencia do resto do mundo.
ResponderBorrarGalicia efectivamente como territorio é similar a Bretaña, pero como dixo un que desto sabía algo, o peor de Galicia son os galegos.
Non hai cultura, nin falta que fai(pensa o que non a ten), non somos que de vivir en sociedade en forma de rede. Aquí cada un, é cada un, cas suas cadaunadas.
Estou pensando que moito señorio e moito Grade de España tivemos en Doncos, pero os nosos antergos que non fomor Grades, moito tiveron que traballar para esos Siñoritingos de alta gama. Creo que é mellor que as cousas sigan o seu ritmo e morra o conto. Aunque tamén penso que a nosa historia e a memoria dos nosos non se debería de olvidar, nin o que tanto traballo, esforzo e algún latigazo lles costou que agora o deixemos caer por non saber si é de Xan ou Perican.
ResponderBorrarEse amigo de Troula, que razón ten. Outros pobos ca mitá da mitá do que temos aqui fan maravillas. Casi é mais importante saber vender o producto que telo.
ResponderBorrarSomos galegos e sempre valeu mais o de fora co noso. Vámonos dando conta cando saimos da terra. Espero que non sexa demasiado tarde.
Carallo que ben falades. Nótase a xente con estudos.
ResponderBorrarMoito me deleita ler estas cousas que descoñecia do meu pobo.
Que contades dunhas cebolletas que comeu a xuventude o sabado pasado??
ResponderBorrarCebolletas das de verdá, non das de carne.
Yo algo escuché, pero eses cebollinos catalanes comparados con uno que me comí yo hace años y era del pueblo, nada que ver. Aun me duele hoy la gorxa.
ResponderBorrarEl dueño del mencionado, creo que se llamaba ramón callus o callorzas, algo asi era. Tremendo!!